lunes, 7 de mayo de 2012

¿QUÉN LLE CRE?

As promesas incumpridas de Isaac Maceiras, que emprega un acto pagado cos cartos de todos os pobrenses para facer propaganda unha vez máis.

Logo de 8 anos sen facer a gardería, e de prometela no Nadal de 2004 "como se fora un agasallo de Reis", volve agora á carga, cando non dá xestionado un Concello que ten na creba e que ten que ir a plan de axuste e pasa o tempo e gasta os cartos en actos, como a comida do venres, totalmente superflua e só para saír na foto. 

O concello da Pobra tivo necesariamente que acudir ao Plan da axuste, (endebedamento  para pagar ós provedores)por un importe de 1.554.091,49 euros. Entre estes figuran  as empresas de catering e demais establecementos de hostalería onde o equipo de goberno acude para organizar os convites, ( tales como a celebracións bandeira azul,  ágapes bandeira, inauguracións varias, xantar 3ª idade,….). 

O señor Maceiras debíase adicar a buscar os cartos para pagar as débedas destas cuchipandas e dos seus fastuosos actos de inauguración e deixar de prometer o que non vai facer... Pode que pense o señor alcalde que os pobrenses temos pouca memoria, pero a hemeroteca é terca e o día 25 de Nadal de 2004 saíu con que ía facer unha gardería para cen nenos: onde está, oito anos despois? É este o gran xestor da Pobra? Ben se ve: estamos afogados pola súa mala xestión.

Según conta a prensa o mandatario xa mostrou os planos de situación desa hipotética gardería ao invitado que trouxo a festa  dos vellos do pasado venres,  e ¿porqué non llos ensina aos lexítimos representantes dos veciños na Corporación? Será porque unha vez máis ten pensado desaloxar a unha asociación de veciños do local que ten concedido. Un colectivo máis silenciado.

No hay comentarios: