martes, 1 de mayo de 2012

CA CRISE SEGUIMOS FACENDO ESCAPARATISMO E PROPAGANDA POLÍTICA

A voceira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal non asistirá o XIII xantar dos maiores, organizado polo Goberno do PP da Pobra que se celebrará o venres 4 de maio, no Polideportivo Municipal de Venecia por solidaridade cas persoas que están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os cartos dos veciños ca maior dilixencia, por coherencia, por convicción.

Desde o Goberno do Estado estanse a facer recortes que afectan a toda a poboación e de maneira moi especial ao colectivo dos maiores. Faise a máis importante agresión o Sistema Público de Saúde dende a chegada da democracia co pago de medicamentos por parte dos pensionistas, obrigase aos usuarios a pagar as ortoprótesis (cadeiras de rodas, muletas e calzas, xeonlleiras, tobilleiras), obriga tamén a pagar os produtos dietéticos,  por exemplo vai a afectar a alimentación nutricional que se lles subministra por vía oral ou por sondas de alimentación ós grandes dependentes e desnutridos, afecta ao transporte sanitario non urxente,  aos maiores de 26 anos que non cotizan a seguridade social que perden o seu dereito a asistencia sanitaria, a DEPENDENCIA, afecta gravemente a educación, a investigación, repercute no nivel de vida das familias cas subidas do gas, da luz, co IRPF, ….

Son tantos e tan graves  os recortes que a Administración Local debe racionalizar e priorizar os recursos dos que dispón, hai actividades as que se pode renunciar por ser prescindibles ou posiblemente as realizan por facer escaparatismo e propaganda política. 

Na relación de facturas con data de emisión 2 de marzo de 2011, facilitada pola intervención do concello a día 2 de marzo de 2012 aparece aínda sen pagar “resto xuntanza 3ª idade 2007” 11.590,40 e “comida 3ª idade 2010” 11.932,11 euros, sumadas estas cantidades ao  resto de comidas oficiais do equipo de goberno teñen unha débeda de case 30.000 euros en gastos dos que se poden prescindir como unha inauguración dun paseo que nos valeu aos Pobrenses 1.043,25 euros. Hai que ter en conta que xa pasou máis dun ano desde esa última fiscalización polo tanto a débeda seguiría aumentando tanto no gasto en festas como no resto de conceptos.

Por solidaridade cas persoas que están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os cartos dos veciños ca maior dilixencia, por coherencia, por principios, non asistirei a dito xantar. Non é falta de respecto aos maiores que asistan, nin desprezo por un día que se reencontran e que o pasan ben é unha cuestión de establecer prioridades e dedicar eses recursos a cubrir as necesidades básicas da poboación como poden ser atender a dependentes.

Desde o goberno de España están esixindo continuos esforzos ás familias pero estarían nunha mellor situación si as Administracións deran exemplo ca elección das súas actividades.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Son tempos de crise...

Son tempos de xestos...

E se por unha banda retallan nos medicamentos, retallan na educación, retallan nos servizos sociais,

non parece lóxico que se desmelenen cos vellos, cando todos sabemos que non é mais ca un acto electoral, un acto cuxo gasto dificilmente se pode xustificar

Ou sexa que por unha banda sácanme 96 euros que agora vou ter que pagar polos medicamentos, pero a cambio ofrécenme un xantar.

Asi non