miércoles, 25 de abril de 2012

SOLICITAR ARQUITECTO MUNICIPAL



Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a contratación dun Arquitecto.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Para levar a cabo o desenvolvemento urbanístico de unha vila, ademais de contar con un planeamento moderno e adaptado ás necesidades actuais e á normativa vixente, é necesario que a Corporación Municipal estea asesorada por un Arquitecto Municipal. O seu labor é, ademais de asesorar aos membros do Goberno en materia urbanística, velar polo cumprimento do Plan Xeral, levar o control das licenzas urbanísticas así como a xestión urbanística e a disciplina.
Se ademais o concello –como é o caso da Pobra do Caramiñal- conta con un Casco Antigo e un elenco impresionante de Patrimonio Cultural e Arquitectónico, o Arquitecto debe ser quen de administrar sabiamente ese patrimonio e velar pola súa protección, asesorando en todo momento ao Goberno Municipal e informando aos cidadáns e cidadás.
Para todos estes traballos, o técnico municipal debe ser Arquitecto Superior, e a poder ser, especialista en urbanismo e patrimonio, coñecedor da normativa vixente en cada momento, intérprete especialista de unha complexa materia que se complica ano a ano coa publicación de normativas e leis que fan do urbanismo a maior especialización municipal.
Como é sabido, dende a chegada ao Goberno do grupo municipal popular, o Concello da Pobra do Caramiñal substituíu a figura de Arquitecto pola de Arquitecto Técnico (é dicir, aparellador), en réxime de contrato de servizos e a tempo parcial, con un horario de atención o público unicamente os luns e os xoves de 12 a 14 horas, é dicir, catro horas semanais, tempo insuficiente para atender as demandas dos cidadáns en temas urbanísticos, asesorar sobre o desenvolvemento do Plan Xeral e realizar os informes urbanísticos preceptivos para a concesión das licenzas.
Para máis, o profesional contratado polo Concello é un técnico de grao medio, con coñecementos limitados no campo do urbanismo e mínimos no de protección do patrimonio, que de catro horas non está case nunca para que os cidadáns poidan ver atendidas as súas dúbidas na interpretación da normativa.
Buscando información na páxina web da Xunta onde aparecen tódolos datos sobre o urbanismo dos concellos (http://www.planeamentourbanistico.xunta.es) atópome os concellos que contan con Arquitectos Municipais, que na comarca do Barbanza son:
Ribeira:
Celso López Martín,
Arquitecto
Boiro:
Emilio Piña Ordíz,
Arquitecto
Rianxo:
Eva López Nieto,
Arquitecta
Porto do Son:
Elsa González Villarino,
Arquitecta
Muros:
Pablo Castro Pais,
Arquitecto
Noia:
Lara Lozano Formoso,
Arquitecta

Tal e como sucede coas Directrices de Ordenación do Territorio, os únicos concellos de segunda, nos que unicamente non presta ningún servizo un Arquitecto Superior son: Outes, Lousame e A Pobra do Caramiñal, nos que os servizos técnicos están atendidos por un Aparellador, polo que outra vez máis dedúcese que este equipo de goberno aposta porque sexamos un concello de segunda ou que teñan pensado levarnos a unha fusión de concellos.

Debe saber que o Concello da Pobra do Caramiñal, na fusión de concellos que se produciu no ano 1868, pasou a comprender os municipios de A Pobra, Ribeira e Boiro. Conxuntamente con Noia e Rianxo, A Pobra foi un referente económico e social.

Por outra banda, tamén parece un contra sentido que un aparellador informe sobre obras maiores redactadas por Arquitectos e Enxeñeiros superiores, que ven sendo como se un enfermeiro supervisara os diagnósticos e tratamentos que o médico prescribe aos pacientes, ou como si na Pobra no centro de saúde en vez de ter médicos nos atenderan para todas as patoloxías unicamente os enfermeiros catro horas a semana.

Ademais, un aparellador non é un profesional cualificado para informar sobre ningunha figura urbanística, xa sexa estudo de detalle, plan parcial, proxecto de sectorización, etc.., que necesariamente esixen o informe de un Técnico Superior.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:

Que se proceda a contratación dun Arquitecto Superior para que os servizos técnicos municipais presten asesoramento cualificado a Corporación Municipal, vele polo cumprimento do Plan Xeral, controle as licencias urbanísticas e a disciplina e atendan os/as veciños/as e demais interesados/as  tódolos días da semana.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Estimados señores do grupo socialista:

1.- É certo que un arquitecto técnico non ten tódalas atribucións dun superior, non obstante vostedes están poñendo en esta noticia ós aparelladores ó nivel de calquer bocachanglas como se os títulos de aparellador o regalaran con 20 tapas de iogures. Informense un pouco das capacitacións profesionais de uns e outros.
2.- Se revisaran a capacitación profesional dos arquitectos técnicos ou aparelladores (R.D. 265/71), a disposición pública en calquera dos ilustres colexios de arquitectos técnicos do territorio nacional (onde gustosamente resolverán calquera duda ca capacitación deste tipo de profesionais) poderían observar que algunhas cousas das que din que non poden realizar os aparelladores poden ser levados a cabo por estes.

3.- No que si estou de acordo e que o horario de consulta con este profesional debería ser ampliado polo menos a un par de horas diarias de luns a venres. Porque os servicios do concello están para que os veciños os usen cando éles podan non cando os ofertantes do servicio (concello) lle veña mellor.

Sen outro particular un saúdo. E por favor infórmense un pouco antes de facer estas publicacións.

psdegapobra dijo...

Estimado anónimo, creo que non lestes ben a moción nós dicimos que un Aparellador é un profesional de grado medio, é dicir é un Arquitecto Técnico que se diferencia cun Aruitecto Superior en que un ten que estudiar 3 anos e o outro 6. Sen risco a equivocarnos, cremos que o tempo dedicado entre uns e outros é o dobre polo tanto diferencias hailas como hai diferencia dun titulado en Maxisterio que soamente pode impartir clases ata o primeiro ciclo de ESO e un Licenciado ou un ATS e un médico que tamén os médicos dobran os anos en formación aos enfermeiros, pero que cada un deles ten un cometido profesional ben definido.

En ningún caso pensamos que un Aparellador é un bocachanglas ao que lle regalan o título con 20 tapas de iogur, ten unha formación e unhas competencias distintas ao Arquitecto. Tampouco queremos que diga que non respetamos aos Diplomados, de ninghura maneira, a todos eles a nosa admiración.

Seguimos pensando que este goberno do PP lévanos a convertirnos nun concello de segunda porque si te fixas xuntamente con Lousame e Outes somos os únicos concellos do Barbanza que non temos nos servicios técnicos contratado un Arquitecto Superior, incluso Dodro conta cos servicios dunha Arquitecta. Supoño que si Rianxo, Muros Noia, Porto do son, Ribeira, Boiro, Dodro ten contratados Arquitectos non será por despilfarrar, será máis ben por ter control da xestión urbanística, da disciplina, por velar polo cumprimento do plan xeral, administrar o patrimonio, velar pola súa protección, …

Gracias pola túa participación aínda que tamén queremos dicirche que temos por costume informarnos en cada unha das nosas propostas.

Saúdos socialistas.

Anónimo dijo...

Eu teño varias cousas claras:

- Un aparellador non é un arquitecto, como un perito non é un enxeñeiro, haberá alguhna diferenza estudando 6 anos a estudar 3 anos.

- Se un aparellador é tan bo como un arquitecto, ¿porqué os concellos que teñen interese polo urbanismo teñen arquitecto?

- ¿Por qué unicamente teñen aparellador os concellos "menores" como Outes, Lousame ou "A Pobra"?, concellos considerados menores pola lexislación vixente (Directrices de ordenación do territorio)

- Por qué contratar un aparellador polo prezo de un arquitecto? Porque sei de boa tinta que custa máis o aparellador da Pobra que o Arquitecto de Boiro..

E para rematar, e para os profanos, os coñecementos de un aparellador son sobre o ladrillo e o cemento, pero nunca sobre Urbanismo ou sobre Patrimonio,.. é máis, moitos dos arquitectos nin sequera teñen a especialidade de urbanismo ou o máster sobre patrimonio..

Sexamos serios, e digamos as cousas como realmente son: Un Arquitecto é un Arquitecto. Santiago non ten un aparellador informando licenzas, e que NON CABE EN CABEZA NINGUNHA

Un aparellador controla a dosificación do cemento, ou a calidade dos ladrillos, pero sobre Urbanismo, nin idea...

Anónimo dijo...

Eu teño varias cousas claras:

- Un aparellador non é un arquitecto, como un perito non é un enxeñeiro, haberá alguhna diferenza estudando 6 anos a estudar 3 anos.

- Se un aparellador é tan bo como un arquitecto, ¿porqué os concellos que teñen interese polo urbanismo teñen arquitecto?

- ¿Por qué unicamente teñen aparellador os concellos "menores" como Outes, Lousame ou "A Pobra"?, concellos considerados menores pola lexislación vixente (Directrices de ordenación do territorio)

- Por qué contratar un aparellador polo prezo de un arquitecto? Porque sei de boa tinta que custa máis o aparellador da Pobra que o Arquitecto de Boiro..

E para rematar, e para os profanos, os coñecementos de un aparellador son sobre o ladrillo e o cemento, pero nunca sobre Urbanismo ou sobre Patrimonio,.. é máis, moitos dos arquitectos nin sequera teñen a especialidade de urbanismo ou o máster sobre patrimonio..

Sexamos serios, e digamos as cousas como realmente son: Un Arquitecto é un Arquitecto. Santiago non ten un aparellador informando licenzas, e que NON CABE EN CABEZA NINGUNHA

Un aparellador controla a dosificación do cemento, ou a calidade dos ladrillos, pero sobre Urbanismo, nin idea...

Anónimo dijo...

Eu vou dar unha simple información técnica dende o punto de vista da Administración:

- Un Arquitecto está considerado nos concursos da administración como un Funcionario do Grupo A

- Un Aparellador está considerado nos concursos da administración como un Funcionario do Grupo B

Os funcionarios do Grupo B sempre están tutelados na administración e ás ordes de un funcionario do Grupo A.

Se na Pobra so hai un funcionario do Grupo B, é que na Pobra non teñen intención de que o Urbanismo sexa unha materia preferente, porque do contrario contratarían persoal do Grupo A

Anónimo dijo...

Hola, me interesó consultar la respuesta de un bloguero que hace referencia al Real Decreto 265/71, por saber de la capacitación profesional que alude.

COPIO LITERALMENTE:

Uno. Ordenar y dirigir la ejecución material de las obras e instalaciones, cuidando de su control práctico y organizando los trabajos de acuerdo con el proyecto que las define con las normas y reglas de la buena construcción y con las instrucciones del Arquitecto superior, director de las obras.

Dos. Inspeccionar los materiales a emplear, dosificaciones y mezclas, exigiendo las comprobaciones, análisis necesarios y documentos de idoneidad precisos para su aceptación.

Tres. Controlar las instalaciones provisionales, los medios auxiliares de la construcción y los sistemas de protección, exigiendo el cumplimiento de las disposiciones vigentes sobre la seguridad en el trabajo.

Cuatro. Ordenar la elaboración y puesta en obra de cada una de sus unidades, comprobando las dimensiones y correcta disposición de los elementos constructivos.

Cinco. Medir las unidades de obra ejecutadas y confeccionar las relaciones valoradas de las mismas, de acuerdo con las condiciones establecidas en el proyecto y documentación que las define, así como las relaciones cuantitativas de los materiales a emplear en obra.

Seis. Suscribir, de conformidad con el Arquitecto superior y conjuntamente con él, actas y certificaciones sobre replanteo, comienzo, desarrollo y terminación de las obras.

B. Atribuciones en trabajos varios

Uno. Deslindes, mediciones y peritaciones de terrenos, solares y edificios.

Dos. Levantamiento de planos topográficos de fincas, parcelarios o de población a efectos de trabajos de arquitectura y urbanismo.

Tres. Reconocimiento, consultas, dictámenes, examen de documentos, títulos, planos, etc., a efectos de su certificación objetiva en la esfera de su competencia.

Cuatro. Informes sobre el estado físico y utilización de toda clase de fincas, dentro de la esfera de su competencia.

Cinco. Intervenciones periciales de su especialidad.

Seis. Estudio y realización de mediciones y relaciones valoradas correspondientes a proyectos ya redactados.

Siete. Estudio de racionalización, planificación y programación de obras.

Ocho. Asesoramiento técnico en la fabricación de materiales, elementos y piezas para la construcción.

Nueve. Control y aval de la calidad de materiales, elementos y piezas para la construcción.

POR LO QUE LEO EN EL REAL DECRETO, EN NINGÚN LUGAR PONE QUE LOS APAREJADORES ESTÉN CAPACITADOS PARA INTERPRETAR EL URBANISMO NI EL PATRIMONIO

Y EN TAL CASO, SIEMPRE HABLA DE "AUXILIAR AL ARQUITECTO SUPERIOR"

Anónimo dijo...

Hola, he leído los comentarios y quiero dejar constancia que el Aparejador o Arquitecto técnico es un profesional bien formado, con una completa formación sobre los materiales de construcción y sobre las técnicas constructivas, aunque ahora con la entrada del Plan Bolonia ha desaparecido dicha titulación.

Es de gran auxilio a los arquitectos en las obras, pues es el que controla esos pequeños detalles sobre cómo debe el constructor acometer las obras.

Por otro lado, he de decir que hace 20 años casi todos los municipios tenían aparejadores informando licencias, pues no había arquitectos suficientes para cubrir ese trabajo, y además la complejidad urbanística era mínima, solo era cuestión de interpretar unas normas básicas.

Hoy en día es IMPENSABLE que un Aparejador o Arquitecto técnico esté al frente de un ayuntamiento, MENOS AÚN si ese municipio tiene Plan General. En este caso, es de alcaldes responsables contratar a un arquitecto, porque es el único capaz de dar una respuesta diligente al cumplimiento de la normativa, a la complejidad del plan.

Si tenemos en cuenta que Pobra es el tercer ayuntamiento en Patrimonio, después de Muros y Noia, el conocimiento de las edificaciones a proteger obligan a tener un Arquitecto Superior bien formado, con un Master en Rehabilitación o en Patrimonio.