domingo, 23 de octubre de 2011

ISAAC ARRANXA O PROBLEMA DUN AMIGO E A XUNTA SOAMENTE DISPÓN DE 60.000 EUROS PARA O MACROPOLÍGONO

A decisión de ampliar o polígono industrial da Tomada está tomada para legalizar unha instalación industrial construída no seu día en chan rústico de protección forestal e que ten orden de demolición polo Tribunal Supremo (25-noviembre-10), e que agora paradoxicamente, según as alegacións feitas polo empresario no que solicita a exclusión da súa parcela do proceso expropiatorio comprometéndose a participar no proceso de execución do plan e que se lle estima a alegación nos termos que propón, o cal é gravísimo porque esta decisión é unha burla aos cidadáns xa que en vez de o infractor adaptarse ó ordenamento xurídico, se adaptan as leis ó infractor. Inaudito e vergonzoso.

Vulnera a igualdade entre todos os administrados é unha clara discriminación as clases traballadoras. Unha actuación cun custe de 4.388.000 euros, dos que como mínimo 226.000 euros serán de beneficio industrial, non se levaría a cabo para a legalización dunha obra irregular realizada por outro veciño calquera.

Unha edificabilidade de 62.000 m2, dos que 20.000 xa están ocupados polas obras ilegais, non colma as necesidades futuras de chan industrial no pobo.

O custe da ampliación, que se ve beneficiada polas conexións e infraestruturas do actual polígono (accesos, sumidoiros, instalacións eléctricas e de auga), é un 10% máis cara do que custaría o macropolígono que sería un 1.000% máis grande.

-A omisión no planeamento do río de xunqueiras pode provocar a nulidade radical do Plan Parcial así como do PXOM, e algunhas alegacións advirten disto, o que pode supoñer responsabilidades administrativas para o concello graves.

Saneamento das augas residuais e pluviais

As solucións aportadas para o tratamento das augas pluviais e residuais resultan ineficaces e insuficientes, causarán serios problemas aos veciños por onde discorren.

Temos un gran problema co tratamento das augas residuais xa que os vertidos son continuos e permanentes a través da rede de augas pluviais cara o río Morto, aparecendo as augas con tinxes de varios cores.

Hai contaminación atmosférica, non hai máis que acercarse ó polígono para percibir os cheiros nausebundos.

Non se proxecta a construción dunha depuradora que axude a corrixir estes problemas, ó contrario, a ampliación aproveitará os servizos existentes para obter máis rendemento económico, sendo este goberno municipal consentidor e a promotora insensible co coidado ambiental e co sector produtivo dependente do mar.

É previsible o desbordamento e asolagamento dos terreos augas abaixo á Tomada debido o destino das augas pluviais cara o río Morto, procedentes da impermeabilización de 100.000m2. A Pontenaveira agora mesmo ten un serio problema de asolagamentos que se agravará no futuro.

No hay comentarios: