jueves, 17 de noviembre de 2011

O PP QUERE DESAPARECER O PLAN CONCERTADO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS


Criticamos que este ano, o concello da Pobra, percibirá 30.000 euros menos para axuda a domicilio e programas de atención social.

denunciamos que o PP quere facer desaparecer paulatinamente o Plan Concertado para a prestación de Servizos Sociais a través dos concellos.

Mentres a conselleira de Benestar promete que “non haberá recortes e en ningún caso afectarán á asistencia domiciliaria” e mesmo comprometía o pago por adiantado, a realidade é que no ano 2010 este Concello obtivo unha subvención polo Plan Concertado por valor de 99.169,96 e para este ano 2011 se abonarán 69.715,95, notificándose a resolución o día 25 outubro cando o servizo xa está prestado. Si no ano 2010 a axuda a domicilio foi subvencionada por 27.139 euros, este ano 2011 percibiremos unicamente 3.567 euros e 0 euros para programas.

Acusamos ao PP de “deixar de lado, abandonados” a centos de persoas dependentes en “situación tráxica” que precisan da axuda pública e apelou á súa “conciencia” e á “obriga legal, moral, constitucional e estatutaria” para prestar estas axudas.

Lamentamos que a resposta da Xunta teña sido facer desaparecer programas de axuda a persoas con exclusión social, mentres reducen os programas de axuda no fogar.

Sen Plan concertado non poderían existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade.

Os recortes que se teñen experimentado, están a asfixiar aos concellos, e, o máis importante, a persoas que precisan deste plan para vivir nunhas mínimas condicións de benestar.

No hay comentarios: