EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Os espacios de lecer e as instalacións deportivas levan moitos anos padecendo unha deficiente xestión municipal e un abandono sen precedentes. Carece o equipo de goberno municipal de ideas e iniciativas que a nosa mocidade non se merece.
É necesario, e así o entendemos nós, que tanto os nosos nenos e nenas, como a mocidade, podan medrar participando e colaborando nas diversas iniciativas que se lle deberían ofertar.
O obxectivo que se marca o Grupo Municipal dos Socialistas é dinamizar espacios e instalacións deportivas. Somos conscientes que rapaces e rapazas, sen saber que facer no tempo de lecer, corren un serio perigo de meterse en problemas dos cales, en ocasións, é imposible saír.
A xente nova son as persoas máis vulnerables das familias, polo que consideramos imprescindible a implicación dos pais/nais en tódalas actividades que elixan practicar os seus fillos.
Propoñemos a creación do primeiro espacio comarcal de cultura urbana no pavillón polideportivo da Tomada que constaría de:
• Unha pista de skate compatible con BMX
• Muros para desenrolar actividades gráficas
• Hokey e Basket free style
Rocódromo
• Escenario para Hip Hóp, Rap, DJ, co seu correspondente equipamento.
• Aulas de reunión, debate, formación, ...
Estas actividades se dinamizarían a través das asociacións e da oficina de información xuvenil do Concello.
A xestión da publicidade, cantinas, máquinas expendedoras, e de calquera recurso económico que produzan as instalacións deportivas do Concello, deben correr a cargo do mesmo, co fin de poder así facer un reparto máis xusto entre tódolos clubs.
E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte
ACORDO:
Que o goberno municipal xestione o financiamento necesario co obxectivo de dotar ó pavillón polideportivo da Tomada, no primeiro espacio comarcal de cultura urbana.
Podedes visualizar o video en canalriasbaixas, a website da TVSB
1 comentario:
Publicar un comentario