domingo, 10 de mayo de 2009

Espacios vivos


Onte no salón de actos do I.S.M. presentamos o noso proxecto de ocio e deporte para a xuventude da Pobra.
Agradecer a tódolos presentes a súa presencia e que compartiran tanto tempo con nós un bo puñado de xente nova da vila.
O Goberno municipal creou unha oficina de información xuvenil pero que na actualidade está oca de contidos. Precisamente porque os mozos deste pobo están esquecidos polo goberno do PP.
Quere esto dicir que non se fai absolutamente nada, que se carece de iniciativas cara a mocidade, e para o ocio. Nos últimos 10 anos non se fixo ningún tipo de proposta atractiva, a excepción dos deportes: fútbol, tenis, baloncesto, ..., que por suposto esta ben, pero que son necesarias máis alternativas.

O responsable na nosa formación política da secretaría de deporte, xuventude e lecer é Borja Paz. Borja é un gran coñecedor desta área porque estivo ligado ó deporte gran parte da súa vida profesional. Debedes saber que é un PUNTAL dentro da nosa formación, entusiasta, vital, responsable, demostra fe en si mesmo e nos que o rodean.
Por suposto tamén a nosa gratitude sincera a Marcos Santos, que colaborou na parte técnica, e a Fernando que expuxo de maneira maxistral a cartelería desde o século XVIII ata o ano 1936.

No hay comentarios: