TRANSCRIBIMOS A NOTICIA DE CANAL RIAS BAIXAS
Luns, 11 Maio 2009
POBRA> Os pais dos rapaces que entrenan a cotío no polideportivo da Tomada veñen de denunciar as deficiencias que presentan estas instalacións.
Este luns, cando un grupo de nenos de entre tres e seis anos do Crocha Club de fútbol, chegaron a entrenar ó polideportivo da Tomada o fedor era insoportable. Esta situación non é nova; por iso os pais demandan que canto antes se solucionen os problemas de cheiros no polígono e se garantan as mínimas condicións de salubridade nunhas instalacións usadas diariamente por nenos.
E é que, segundo os proxenitores, ós malos cheiros procedentes das fábricas súmase a falta dun servizo de limpeza axeitado e o avanzado estado de deterioro do pavillón derivado do escaso mantemento.
Vertidos
Deste problema tamén se fixo eco a agrupación socialista da Pobra que denuncia o grave problema de vertidos industriais existente na Tomada, que din é orixe dos cheiros que se rexistran no pavillón. Por iso, esixen ó alcalde que deixe de permitir este tipo de prácticas e actúe con todo o peso da lei sobre os infractores.
Pola súa banda, fontes municipais desmentiron totalmente as acusacións explicando que o polideportivo da Tomada está en perfectas condicións e por elo é cada vez máis utilizado. Sen ir máis lonxe, a pasada fin de semana as instalacións acolleron o campionato provincial de fútbol sala.
Con respecto ós vertidos procedentes das factorías, o propio alcalde, Isaac Maceiras, anima ós edís socialistas a denunciar a aquelas empresas que segundo eles están vertendo de forma ilegal.
Informe favorable
O rexedor apoiase ademais no informe emitido o día cinco de maio por Acuagest , encargado tras unha denuncia do PSOE sobre supostos vertidos ó río Morto. O documento acredita que, tras unha inspección, 'non se apreciou ningunha filtración senón que os movementos de terra que se estaban a levar a cabo na zona provocaron unha elevada tuirbidez da auga pero non se trataba de vertidos residuais'.
Contestación ó Sr. Isaac
Primeiro: Que se teña necesidade de utilizar o pavillón por parte dos clubs, non quere dicir que este presentes as condicións óptimas para a practica deportiva.
Segundo: A oposición non pode investigar a procedencia dos vertidos, non ten capacidade xurídica para facelo, nin medios técnicos nin humanos. Nin tan sequera podemos pedirlle información a unha empresa privada que ten un convenio co Concello, a información e as investigacións correspóndenlle prestalas a institución ¿E si a oposición lle fai todo o traballo ó goberno, porque cobran eles? ¿A que dedican o tempo libre?
Terceiro: A tódolos Pobrenses nos gustaría ver esa falla, eses grandes movementos de terra que tiñen a auga do río Morto de vermello, de azul, de branco, desprende cheiro. ¿E que pensa o noso rexedor que os veciños vivimos na inopia? Seguro que estamos todos equivocados non sendo os membros do equipo de goberno, que eles si que son sabios.

No hay comentarios:
Publicar un comentario