Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal,
integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o
seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o arranxo do camiño
que comunica o Polígono da Tomada ca Mirandela.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
Os camiños públicos son bens de uso e dominio
público. É competencia municipal mantelos en bo estado de conservación sexan
vías urbanas ou rurais.
Todo camiño cunha superficie de terra natural ou
zahorra sufre continuamente os problemas que lle provocan as condicións
atmosféricas, en particular os efectos da auga sobre o chan, e que provocan
unha rápida dexeneración do firme, da base, do camiño.
O exceso de auga sobre o chan xera a aparición de
barro, de buratos, que dificultan o tránsito. Tamén a sequidade, a insolación,
xeran problemas graves para circular, xa que a aparición de nubes de po
dificulta e pon en risco a seguridade do tránsito por estas vías públicas.
O camiño que comunica a Mirandela co Polígono da
Tomada está tendo tráfico intenso, é usado por numerosas persoas con vivendas a
máis de 2 quilómetros da Mirandela, que
acoden a traballar ao polígono ou ben é utilizado para acceder a autovía.
É certo que o acceso ao Polígono non permite o
tránsito de vehículos pesados pero para os turismos permite unha mellor
comunicación, evita dar longos rodeos pola Baiuca, pódese trasladar enfermos da
zona con maior axilidade, para acceder ao hospital do Barbanza, ...
E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o
seguinte
ACORDO
1º.- O goberno municipal fará
unha actuación urxente de asfaltado do camiño
que comunica a Mirandela co Polígono da Tomada co fin de mellorar as comunicacións dos
veciños da zona da Pontella, Campiño, Pedriñas, Sobral, Xunqueiras, Mirandela,
Paiomouro, Liñares. ....
A Pobra do Caramiñal, 13 de xaneiro de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario