Mentres Rajoy nos pide que nos apretemos o cinto ata a asfixia, Isaac coida con esmero a súa concelleira de servizos sociais. Instaloulle un foco como os que hai no porto, ou no campo de fútbol para que tivera unha boa iluminación. ¿Cantas corredoiras temos a escuras neste pobo? ¿Cantos veciños teñen semellante privilexio?
Existen numerosas posibilidades para reducir o consumo eléctrico pero o derroche a mans cheas é a norma se es un colega do PP. Tiveron que eliminar un punto de luz convencional con motivo das obras que están a facer e a cambio instaláronlle semellante foco que produce deslumbramento e contaminación lumínica.
¡Esta si que é forma de gobernar! Uns a escuras e os da corda do PP deslumbrando. ¡Viva o aforro de Isaac!
No hay comentarios:
Publicar un comentario