. As ultimas decisións adoptadas pola Xunta de Galicia en materia educativa a nivel de Comunidade, así como a política educativa xeral levada a cabo polo PP desde o goberno da nosa Comunidade está afectándolle gravemente aos centros educativos.
O desmantelamento do sistema educativo público é cada vez mais patente, lembremos as súas recentes actuacións:
- Desmantelou un sistema de préstamo de libros de texto que estaba a funcionar correctamente e economicamente moi viable, substituíndo por un sistema de axudas que fai que moitos pais que antes non pagaban os libros de texto agora deben pagar incluso a súa totalidade.
- Sacou un novo “Decreto do plurilingüísmo” que o único que fai é aumentar o gasto na substitución de libros de texto que aínda tiñan unha validez de 3 anos mais por outros en castelán e crear unha problemática social que antes non existía.
- A implantación do proxecto Abalar( novas tecnoloxías) na que se discriminou aos centros públicos na súa primeira fase favorecendo descaradamente aos centros privados concertados. (En marzo o grupo socialista solicitaba a este grupo de goberno que a Consellería de Educación dotara da infraestrutura necesaria para o funcionamento das TIC ós colexios de educación primaria do noso municipio, ao que o PP votou en contra. A consecuencia foi que non se lle concedeu o programa Abalar aos nosos centros de primaria).
- As últimas decisións, amparadas na tan recorrida CRISE conlevan un forte recorte de profesorado nos centros educativos, tanto nos IES como nos de Primaria.
Tendo en conta que a educación é a mellor inversión que podemos facer, estamos a falar do noso futuro, dos nosos fillos, e ¿Qué se fai desde a Xunta? Pois totalmente o contrario do que se debería facer, RECORTES de persoal.
Estas decisións non teñen en conta en ningún momento criterios pedagóxicos, tan só criterios económicos que afectan fortemente aos centros da nosa localidade e de toda a Comunidade Autónoma.
Todas estas actuacións van en contra da calidade do ensino, e polo tanto en contra do futuro dos nosos fillos/as.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS
A corporación municipal de A Pobra do Caramiñal insta a Consellería de Educación a:
1º.- Adoptar as medidas precisas para dotar do profesorado suficiente aos centros de ensino, tendo en conta as necesidades educativas e non economicistas que se veñen de aplicar.
2º Dotar dos medios físicos e humanos necesarios para que a educación pública acade os parámetros de calidade que merece o noso país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario