Fai un ano que o xardín Valle Inclán pechara por mor dunha remodelación por valor de 200.000 euros. Na obra colocouse un gran letreiro no que se dicía que se había levantado unha acta notarial conforme as árbores estaban enfermas, supoñendo que algún profesional avalara tales teses.
Na inauguración e segundo a nota de prensa da alcaldía con data do 10 de setembro de 2010, o Alcalde declaraba que os xardíns tiñan un gran problema, estaban enfermos; así llo fixeron saber os distintos informes de enxeñeiros agrónomos de Tatiana Rodilla e a dirección de Medio Rural.
Ditos enxeñeiros levaron a cabo un tratamento fitoparasitario contra pragas e enfermidades das árbores e arbustos. Despois de tantos tratamentos, de plantar 20 árbores xa grandes no mes de novembro todos esperábamos que tales tratamentos foran radicais e efectivos. Pois ben, nestes intres temos 26 árbores enfermas e 20 mortas e gastamos 200.000 euros en combater tales enfermidades.
No outono se lle dou unha poda drástica e contundente ás árbores, algunhas delas xa non recuperaron despois de semellante tala. Disque lle cambiaron a terra por outra vexetal con máis de 70 camións de terra fértil e adecuada. Vistos os resultados é para botar a correr e non parar.
En resumen, e según afirmaran no Pleno, antes das obras tiñan tres árbores enfermas e por este motivo xustificaron esta inversión de forte impacto visual, (que o final é a que obtén os réditos electorais), primando a estética urbana sobre as necesidades que puideron paliarse con eses cartos. Agora despois de gastar 200.000 euros ,(33 millóns das antigas pesetas), teñen un total de 26 árbores para recibir a extremaunción e agonizando e 20 defuntas (irrecuperables).
No hay comentarios:
Publicar un comentario