domingo, 17 de abril de 2011

CERTIFICADO DOS TITULARES AFECTADOS POLA AMPLIACIÓN DO POLÍGONO. DESMONTANDO AS MENTIRAS DO PP.

Publish at Calaméo or browse others.


Ante a campaña difamatoria levada a cabo polo PP da Pobra, quen afirma que a nosa Candidata e Sª Xeral está afectada pola ampliación do Polígono Industrial, o cal é unha falacia, unha mentira máis das tantas deste goberno municipal e do Alcalde Isaac Ventura Maceiras Rivas, solicitamos á Secretaría Xeral do Concello o informe de titulares afectados. Na relación facilitada dende o propio Concello e asinada polo Alcalde, demóstrase que Teresa García NON TEN NINGUNHA FINCA AFECTADA POR DITA AMPLIACIÓN.
UNHA VEZ MÁIS VÉMONOS NA OBRIGA DE DESMONTAR AS MENTIRAS, INXURIAS E CALUMNIAS DO PP DA POBRA.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

É verdade, non aparece o nome de Teresa por ningures ¡hala! pero, lendo ben os dos restantes propietarios ¿quen é ou quen era o señor Juan Guillán Fernández? O seu primeiro apelido coincide co segundo de Teresa. Manda truco, si é o seu tío que morreu fai tempo. ¡Ah! pero claro, agora os titulares son os seus herdeiros, pero coido que todos viven fora e terán que vir reclamar o que é seu ¿non si? ¿Ou quedaralle á súa sobriña querida da alma? Continuará....

psdegapobra dijo...

Disque andan revoltos os ánimos no seo do PP da Pobra e os nervios afloran nalgunhas persoas de "ilustres" apelidos. Nada que ver cos García ou os Guillán senón máis ben cos Riva-de-Umia ou Riva-de-Sella (¡¡Ai, non, estes non son de por aquí, eh!!) De por aquí son os Rivas a secas e outros, que compostos, descompóñense no seu propio batume e miseria.
Alguén onte, de camiño ao Concello, sufriu unha indixestión do almorzo e descompúxose ao ver colgadas as banderolas da candidata socialista na sede do PSdeG, e ao chegar ao Concello botou man dos expedientes... e hoxe apareceu este comentario malintencionado.
Anónim@, canta razón tes!! En efecto o tal Juan Guillán Fernández, irmán da nai de Teresa García Guillán, morreu sen testar e con descendencia direta. É dicir, tiña fillos e fillas que nomearon como apoderado dos seus bens na Pobra a outro tío de Teresa. Polo de agora e si o causante morre sen testar, coma é o caso, son herdeiros diretos os fillos ou no seu caso os netos etc. na misma liña sucesoria ¿Queres explicarnos que parte lle toca a unha sobriña, cando se morre sen deixar testamento? Porque neste caso, claro ab-intestato, XAMAIS TOCARÍALLE HERDAR A Mª TERESA, xa que NON ESTÁ NA LIÑA DIRETA DE SUCESIÓN. Hai que falar con coñecemento de causa.
En efecto os mencionados herdeiros de Juan Guillán Fernández, son curmáns de Teresa ¿Significa isto que ela é propietaria como dixo o PP? ¿Ou ti es propietari@ dos bens dos teus curmáns, tíos etc? ¿Tes ti poder e responsabilidade sobre as fincas e propiedades da túa prima, primo, tío ou tía???
¿Acaso o fillo dun que fora Alcalde deste pobo (DEP) e que agora forma parte das listas do PP, non leva ese apelido, Guillán, e é parente tamén deses afectad@s?
O malo de ser tan velenos@ é que acaba un/unha inxirindo o seu propio cocktail.