jueves, 3 de febrero de 2011

ESTE CONCELLO É UNHA RUÍNA



Tamén a Diputación da Coruña avisa ó concello, e nomeadamente ao equipo de goberno que preside o Sr. Maceiras, da magnitude económico-financeira e certifica a grave situación deste concello “amosando a situación de anos anteriores cun serio problema de liquidez”.

Certifica: “a situación é grave, 2009 é o quinto ano consecutivo que se liquida cun remanente de tesourería negativo alcanzando neste ano a súa cifra negativa máis elevada -2.024.571,41 euros, neste ano tamén se produce un incremento importante das operacións pendentes de aplicar o presuposto con respecto ó ano anterior o que vén a empeorar este déficit de tesourería”.

Estes son os resultados de 12 anos de desgoberno, de despilfarro e de non racionalizar nin priorizar as necesidades dos veciños. Esa cacareada boa xestión ten un resultado tan negativo que fai que este concello nunca tivera cotas de endebedamento tan alto.

“O pendente de pago mantense nunhas cifras elevadas en todo o período cun lixeiro incremento neste ano que alcanza a cantidade de 2.717.279,91 euros o que pon de manifesto un importante problema de liquidez no concello que ten que provocar necesariamente un atraso importante no pagamento das súas obrigas”.

Estes tecnicismo non terían tanta transcendencia si detrás deles non existise unha realidade como que hai preto de 3 millón de euros de pagos pendentes, é dicir débedas con provedores, con pequenas e medianas empresas, que están longo tempo sen cobrar, tendo en conta que soamente estamos a falar de gastos recoñecidos. Si estiveran contabilizados tódolos compromisos totais de pago, a situación seguro que ten tintes máis dramáticos.

Un Plan de Saneamento non consiste só en reducir a débeda bancaria a conta de deber máis, a quen ten máis necesidade de cobrar, estamos a falar dos autónomos, as pymes e todas as empresas que prestan servizos ó concello.

Compre un Plan serio e responsable que abarque a difícil realidade das contas locais, canto máis se prolongue esta situación, máis dolorosa e difícil será a solución. Este alcalde ca aptitude perseverante de inconsciencia vai a hipotecar os exercicios futuros e supón unha importante irresponsabilidade nunha realidade tan difícil como a actual, na que as Administracións teñen que ser exemplo de cumprimento das súas obrigas, de austeridade e bo goberno.

Continua dicindo o informe “sorprende que o concello non aproveitara a medida especial de saneamento que ofrecía o RDL 5/2009 mediante a concertación dunha operación extraordinaria de endebedamento pola suma do remanente de tesourería negativo e das operacións pendentes de aplicar o presuposto, como maneira máis oportuna para sanear este déficit de tesourería”.

Todos nos acordamos de varias comparecencias do alcalde ante os medios de comunicación en que primeiro anunciaba que se acollía o RDL e despois que non. Estas idas e vidas falan do esgotamento deste goberno e da falta de rigor e seriedade que lle merecen as contas públicas.

Si fixera no seu momento o Plan de reestruturación, suporía a aplicación dunha disciplina orzamentaria (baixo tutela) que tería paliado esta situación financeira que presenta o Concello. O que realmente conseguiron foi evitar o tutelase externo das contas con omisións incomprensibles non só para os servizos económicos da Deputación Provincial, que cualifican literalmente de “sorprendentes”, senón tamén para a propia Intervención Municipal, xa que non se rexen nin polo dictado dos técnicos nin polo interese público, e que supoñen o empobrecemento sistemático do noso concello.

No informe da Deputación non se fai referencia ao paradoiro de 200.000 euros procedentes da monetarización do aproveitamento urbanístico do polígono 7, percibidos polo Concello en 2008 por un convenio urbanístico.

Estes cartos, sobre os que xa se pediu información e que non se atopan en ningún lugar, teñen un destino legal específico sinalado nos artigos 177 da LOUGA e 39 da Lei o Solo estatal, e deberan estar integrados no inventario separado do Patrimonio Municipal do Solo.

Pois ben, como xa advertiu no seu día o interventor, estes cartos non están correctamente contabilizados, polo que se impide a todo aquel que revise as contas públicas saber se foron ou non gastados, se se aplicaron ou non ao seu destino legal, ou se se empregaron indebidamente para realizar pagos fóra do seu obxecto.

Simplemente, estes cartos non se sabe onde están, pero sí se sabe que grazas á xestión económica do goberno de Maceiras, o Concello ten un saldo negativo case que 15 veces superior a eses 200.000 euros; o que ten o peto furado, calquera cousa que meta a perde.


No hay comentarios: