O Goberno da Xunta ven de botar abaixo, unha vez máis, unha das medidas que en materia educativa adoptou a Xunta de Touriño. Como fixeron coa gratuidade nos libros de texto, o PPdeG acaba de aprobar no Consello da Xunta a inclusión no sistema de concertos a cinco colexios que separan fisicamente ós nenos das nenas.
Xa hai anos que este país intentou deixar atrás a separación de sexos e optouse pola COEDUCACIÓN no ensino público e tamén nunha gran parte dos centros concertados. Sen embargo, seguen a existir vestixios da (in)moral nacional-católica. Sen ir moi lonxe atopámola en centros de ideoloxía moi próxima ao PP, á Igrexa Católica e mais concretamente ó Opus Dei e Ós Lexionarios de Cristo, auténticas sectas relixiosas que “instrúen” na diferenciación de sexos e moi lonxe da igualdade entre homes e mulleres (non podemos utilizar o termo educar)
Xa vemos iso de que co aforro dos libros de texto ían mellorar os comedores, o transporte escolar etc.
As mentiras de Feijoo medran en relación directamente proporcional ós recortes educativos e sociais. Nada novo nin nada inesperado. Para moitos cidadáns, desgraciadamente, a crónica dunha desfeita anunciada.
E por si fora pouco, fomentando a desigualdade de sexos dende a infancia.
O diñeiro público de todos e todas para favorecer a segregación por sexos en cinco centros galegos de familias ricas e acomodadas.
Todo un hito. Que vaia tomando nota España enteira do que se aveciña co “Ciudadano Rajoy”
(Fundamentos de pedagogía de
1 comentario:
Os galegos sabían o que querían cando votaron nas autonómicas. Estes queren que medren as diferencias entre eles, que son, as clases altas e medias altas, e para o resto as migallas. É unha forma de invertir diñeiro público para que os seus cachorros nos podan gobernar no futuro.
¿Que lle pasa a eses do PP que insultan a concelleira? ¿Estan nerviosos?
Ánimo Teresa, que dende o meu humilde punto de vista, o psoe da Pobra está en ascenso.
Non deixedes de coller impulso e mirar cara a diante, eu confío nos socialistas da Pobra.
Publicar un comentario