lunes, 3 de agosto de 2009

NOTA DE PRENSA SOBRE A INFAME ACTITUDE DO ALCALDE E DO PP...¡¡MAIS!!

O PSdeG DA POBRA ACUSA Ó

ALCALDE DE CRISPAR O DEBATE POLÍTICO


Os Socialistas da Pobra calificamos a actitude do voceiro do PP Sr Lago Simil como impropia dun debate político sereno e riguroso e lamentamos profundamente que dende a Alcaldía se fomente a CRISPACIÓN.

A actitude “insultante” e prepotente que mantivo no transcurso do último Pleno o Sr Lago coa portavoz socialista Teresa García non é propia dun partido que presume de demócrata e tolerante.

É absolutamente IMPRESENTABLE dende calquera óptica a agresión verbal como instrumento para argumentar posturas políticas.

Unha vez máis o Alcalde CONSINTE e polo tanto é CÓMPLICE da actitude irrespetuosa que ven sendo habitual nas intervencións do Sr Lago. Un Alcalde que presume de ser home de boas e exquisitas formas, demostra en realidade a súa falsedade ao TOLERAR semellante falta de EDUCACIÓN rachando coas mais elementais normas de comportamento tanto dende o punto de vista político como persoal.

Un deber fundamental da oposición é fiscalizar a acción dun goberno e facer propostas presentando mocións. Non é de recibo que se cuestione por que o PSdeG neste caso presenta unha u outra moción e que esto sexa causa dunha profunda CRISPACIÓN. Moito lles debe molestar ó Alcalde e ó Sr Lago e ó PP que a oposición faga limpamente o seu traballo e moi molesta lles debe de resultar Teresa García cando son incapaces de manter a debida compostura.

Esiximos a Isaac Maceiras que adopte as medidas oportunas e que lle “lea a cartilla” ao Sr. Lago, en aras dunhas relacións cordiais dende a discrepancia política, para que sucesos como o do derradeiro pleno non volvan a ocurrir e demostre así que é certo iso de que o PP practica a TOLERANCIA e observa as mais ELEMENTAIS NORMAS DE EDUCACIÓN que deben rexer a vida democrática no noso Concello.

No hay comentarios: