viernes, 10 de abril de 2009

Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos....

Hai xa días que o vimos. Teresa García non tardou en reaccionar e coa cámara na man, tomou estas imaxes e tamén o video que vedes a continuación e que onte colgamos en Youtube.
Chámase Morto, o río, coma se tratase dun presaxio, dunha maldición.... e por riba alguén debe querelo mal, meu probe, e bótalle escabeches e sustancias de cores contaminantes e velenosas, como si do sangue dun horrendo crime se tratara, pensando, sen pensar tal vez, cunha ignorancia ou unha maldade sen límites, que así o río está máis fermoso e a súa fábrica máis limpa. Quizá esa mente enferma, malévola ou ruín, non se entera que o que está a facer é un dano enorme e irreparable ao ecosistema. ¡¡¡Que mágoa tan grande sentimos algúns, que tristura de que non haxa unha autoridade neste pobo para lle poñer freo a este crime!!!
Foi Teresa García, coas fotos e co video á Policía local a poñer unha denuncia. Este asasinato do río foi denunciado onde hai que facelo: ante as autoridades competentes e ante os medios públicos e , dese xeito, onte o viades na prensa.
Ao responsable debería quedarlle a cara da cor do escabeche, aínda que o que debe de ocorrer é que o/os responsables/s deben ter a cara de formigón e por iso non lles queda desa cor vermella. E ó Magnífico Isaac tamén a ten así. Isaac, unhas preguntiñas só.... ¿non sentes dor de ver estas imaxes no teu pobo, non sentes un noxo profundo que che incha a vea do pescozo, non sentes que alguén lle está a facer unha guerra de sangue á nosa natureza, non sentes rabia, non che sae un sarpullido pola pel, non se che eriza coma nós? Máis simple, máis fácil...¿non che da pena ver agonizar ó río?
¿Qué fai o noso Alcalde ante tamaño crime?
Pasear e rir, que o pobo está moi decente e moi bonito, empedrado de boa pedra das mellores canteiras do pais e cheo de tulipáns de variadas e infinitas cores ó estilo dunha fermosa cidade flamenca , e agora cos novos xardíns que imos ter,..... eses tan necesarios....aínda poderá pasear e encher o peito máis que no noso pobo non hai nin malos cheiros nin paisaxes lixentas.


A noticia da Voz dicía o seguinte:

"Los vertidos amenazan al río Morto de A Pobra. Desde hace unos días, los vecinos no dejan de observar cómo el cauce se va tiñendo de blanco, rojo o incluso negro y el olor de la zona se vuelve nauseabundo. Ayer, a media tarde, el color encarnado de las aguas llamaba la atención de los viandantes. La concejala socialista Teresa García, que lleva tiempo alertando del mal que padece el río, denunció ayer lo sucedido en las oficinas policiales. «O outro día era escabeche, e hoxe está tinxido de negro», enfatizó la edila"

¡Ogallá que non lle teñamos que recitar o poema de Rosalía e ogallá tamén que o nome do río non sexa coma un presaxio maldito. Ogallá haxa alguén que lle poña remedio!

No hay comentarios: