sábado, 21 de marzo de 2009

¿Que vai pasar agora?

O resultado das eleccións autonómicas deu lugar a unha chea de análise e reflexións de todo tipo . O máis inmediato que aconteceu foi a dimisión de Emilio Pérez Touriño como Sº Xeral do PSdeG-PSOE co conseguinte nomeamento dunha Comisión Xestora que dirixe o partido cara ó Congreso Extraordinario do 25 de abril na cidade de Pontevedra, e do que sairá unha nova dirección. É un momento certamente para ás reflexións e opinións mais variadas, pero tamén é o momento para a unidade, sen deixar a un lado a autocrítica e anotando no caderno da memoria, cales foron as causas que nos levaron á derrota. Autocrítica e unidade, a primeira para corrixir os erros e non volver a cometelos; a segunda para avanzar xuntos e non defraudar a eses casi 500.000 votantes que nos deron a súa confianza. Son moitos, somos moitos, e imos ser máis. O noso reto a partir deste congreso é inmediato: eleccións europeas. E máis adiante as municipais en 2011. Para estas últimas temos que seguir avanzando nas nosas propostas e denuncias dos abusos do PP no noso concello. Para eso necesitamos o apoio deses 1.617 votantes socialistas que deron o seu apoio a Emilio Pérez Touriño e dos que queiran sumarse ao noso proxecto dunha Pobra dinámica, moderna e con talante.
É seguro que do Congreso de Pontevedra sairá unha dirección nova e reforzada. Aínda non sabemos con certeza quen vai tomar as riendas, pero hoxe aparecía unha nova, que poñía fin ós rumores e especulacións destas dúas semanas. O compañeiro Pachi Vázquez o aclaraba ante os medios esta misma mañá. E deixaba moi claro que non emprendería este camiño sin o apoio das bases do partido. Todos os militantes teremos a oportunidade de decidir que é o que queremos e quen queremos que sexa a nosa voz. O mesmo que sucedeu en outubro do 98 no Congreso Extraordinario de Ourense cando as bases decidiron de forma acertada que Emilio fora o Sº Xeral. Él e o seu equipo nos levaron ó Goberno de Galicia hai 4 anos. Non nos equivocamos entón e non o faremos agora.

4 comentarios:

Unknown dijo...

O Congreso socialista do 25 de abril é noticia nos medios de comunicación nestes últimos días.

Parece que Pachi Vázquez, tal e como se anunciaba na prensa hai uns días, vaise presentar á Secretaría Xeral do PSdeG. Parece un bo candidato. O triste é que xa naza co estigma de, nas palabras de Gonzalo Caballero, ser o candidato que responde ao "guión escrito" dende a xestora e apoiado polo aparato.

No PSdeG necesitamos un cambio máis profundo.
Non se trata, tan só, de cambiar a Touriño que, desde o meu punto de vista, foi un bo Presidente, por outra persoa que, sen dúbida, tamén sería un bo Presidente.
O que necesitamos é chegar a gañar as eleccións. Ser realmente unha opción. Ser quen de encantar a moitos e moitas dos que votan ao PP e tamén ao BNG e que teñen unha mentalidade socialista. Á xente que apoia as nosas políticas pero que non entende as nosas maneiras e a nosa forma relacionarnos coa sociedade. Aos que pensan que todos somos iguais porque NON fomos quen de transmitirlles o diferentes que somos.
Necesitamos, máis alá da Secrtearía Xeral, outras persoas liderando os cambios necesarios. Outros puntos de vista, outra ilusión.
E sobretodo nesitamos CRER EN NÓS MESMOS para transmitir nítidamente e sen dúbidas a importancia das nosas políticas á sociedade.
Somos distintos. Somos socialistas. Sabemos facer política dende a cidadanía e para a cidadanía.

Anónimo dijo...

No PSdeG non estamos tann mal como ben apuntou a compañeira Mar hai uns días. Eu penso que non estamos tan mal pero tampoco estamos ben, posto que as expectativas tras 4 anos de goberno en Galicia eran obter mais e non manter o que xa tiñamos. Pero aínda así no actual equipo, e na mesma xestora, hai xente nova e moi válida que ademáis son case todos e todas deputados electos. Polo tanto van ser a voz do PSdeG no Parlamento de Galicia os vindeiros 4 anos.
Non sería moi acertado, esa é a miña opinión, ter unha voz no Hórreo e outra na rúa do Pino. É certo que Pachi é un home que en principio ten ese estigma ó que ti apuntas; pero querote contar e compartir con todos que na miña experiencia como coordinadora de actos públicos en diferentes campañas nesta provincia, durante estes anos de Goberno, percibín que Pachi era tremendamente querido polas bases. Era un dos conselleiros máis solicitados por todas as agrupacións. Pedíanno para os mitins en todos os concellos, e el sempre acudía a sitios tan dispares como pobos do interior governados polo PP como a outros de mais poboación ou gobernados por alcaldes nosos. É unha especie de enquisa persoal miña, cando teño escoitado tantísimass veces, "mándadenos a Pachi, queremos a Pachi ou a Ricardo". Ese afecto percibino na militancia, non nos altos cargos, senón naqueles portavoces ou secretarios xerais de sitios como Melide, Boimorto, Ortigueira, Boiro, Camariñas etc, así podería seguir enumerando concello a concello dos 94 da provincia. ¿E por que era tan demandado? Pois sen dúbida, ó igual que Ricardo, porque do goberno eran os máis cercanos, ós que mellor se podía un achegar. Supoño que a Comisión Xestora ten tamén esa apreciación, a querencia dunha parte importante de agrupacións hacia a figura de Pachi.
¿Que ten a favor este home? Pois na miña opinión o máis importante da súa traxectoria política e ter sido Alcalde do seu pobo con maiorías absolutas moitos mandatos. Un oásis no deserto socialista da provincia de Ourense. Sabe que é a política, xa sabemos que ese termo ven do grego "polis", e Pachi sabe que o contacto co pobo é o mais importante dun político. Pachi é unha especie de todoterreo con valores socialistas, un home de rúa, de pisar o chan e percorrer corredoiras facendo o porta a porta para pedilo voto.. Non é un tecnócrata nin un home de moqueta. Fala nunha linguaxe sinxela, moi comprensible para calquer paisano, e quizais por eso conecta mellor coa alma galega. Coñece ben a estructura do PP(Ourense=Baltar=cacique), bastante os ten sufrido na Deputación de Ourense. Penso que ese é realmente o seu gran capital, o seu patrimonio político: ter sido Alcalde dun pobo de Ourense, moito máis que ter sido Conselleiro. E tamén sei que, como Sº Provincial de Ourense; levou á provincia a ter un excelente funcionamento orgánico, levantou agrupacións onde non había nada e Ourense acadou uns resultados impensables noutras épocas. É certo que formou parte deste goberno, pero eso lonxe de ser negativo, danos un importante bagaxe. Mira Nuñez Feijo ¿qué capital político levaba nas costas? Foi de todo, menos alcalde, viña de estar con Fraga e con Aznar e, sen embargo...xa o ves, foi quen de convencer á xente. ¿Que o fixo cunha campaña chea de lixo, a mais sucia e apestosa da democracia galega? Tamén é verdade. Nós non somos así afortunadamente, si o fosemos estaríamos con eles ou en terra de ninguén; pero non, estamos onde estamos porque somos socialistas e temos outro talante, eu diría máis, somos psocialistas.....porque socialistas as veces hai moitos, o mesmo Feijoo di que votou por FG no 82...¿era enton socialista e agora é liberal neocon?...Socialistas parece que hai moitos en tempos de boanza, cando o vento sopla a favor, pero cando vira....cando vira quedamos os psocialistas, os do carnet na bouca e na alma. O que temos por diante non é fácil pero ¡¡atentos!!, que o PP vai cometer erros, moitos, e persoalmente non o coñezo, pero teño a intuición de que Pachi pode ser unha excelente aposta de futuro.
Gonzalo Caballero é sen dúbida un gran valor. Temos deputados e deputadas que son valiosísimos, Mar, Laura, Macu, Guillermo Meijón, Marisol, Lage, Xocas...en fin, unha chea deles que formaban parte do anterior equipo, xente xoven. Gonzalo vai presentar seguramente candidatura e Pachi non creo que poida integralo, porque Gonzalo non ten o apoio da maioría da súa agrupación, xa de por si dividida. En Vigo temos un Alcalde que nos pode gustar mais ou menos, pero as Alcaldías agora mais que nunca hainas que mimar. ¿Meter a Gonzalo en contra da súa agrupación e do seu tío Abel? Ogalla´fora posible, eu firmaba xa, pero persoalmente non o vexo, hai parlamentarios de Vigo que non o aprobarían ¿Crear un cisma maior en Vigo? Non o vexo acertado. Hai que reforzar mais que nunca ós nosos alcaldes e dende logo procurar non dividir e e reforzar e afianzar o que Emilio consigueu cimentar e consolidar, porque non estamos tan mal, por iso non podemos prescindir de todo o bo que posuemos. Creo que é bo non obstante que Gonzalo presente unha candidatura, é sano e necesario. En Ourense 98 houbera 4 candidatos e Emilio saleu cun 60% dos votos dos delegados, non era aplastante, pero no seguinte Congreso integrou a moitos. Pachi vai pulsar o sentir das bases (vos avisaremos cando toque) nas vindeiras semanas e si non atopa apoios non se vai presentar, diso estou segura.
Un apunte para rematar, como anécdota, Pachi naquel Congreso de Ourense figuraba na lista de Cortizo e non na de Emilio.
Un saúdo "psocialista". Alicia. (asino como militante e esta é a miña opinión persoal, non é en ningún caso a opinión dos compañeiros da executiva que a descoñezo)

Unknown dijo...

Dende logo, considero a Pachi Vázquez , como indico tanto na entrada que fago ao respecto no meu blog persoal como no comentario que publico neste blog socialista, unha boa opción para o PSdeG. Non sei se haberá máis candidatos ou candidatas, pero teño moi claro que o seu perfil é moi adecuado tanto para liderar o PSdeG como para gobernar Galicia.
Sen embargo coincido con todos e todas os asinantes do manifesto "SUMANDO IDEAS", entre os que ti te atopas, en que é necesaria "unha serena pero profunda renovación das estruturas organizativas e do modelo de partido". Polo que insisto, máis alá de renovar a cabeza (evidentemente imprescindible), ten que haber unha renovación profunda das persoas que conforman o equipo que debe liderarnos aos socialistas e levarnos a gobernar en Galicia. Podería dar nomes de compañeros ( e neste caso na maioría "os") que levan máis de 20 anos ocupando postos relevantes na organización. Compañeiros que no seu momento prestaron un estupendo servizo pero que deberían pasar agora á segunda fila e deixar paso a outras persoas como as que ti mencionabas no teu comentario anterior (algunhas delas aínda que novas, co valor engadido da súa gran expeciencia política) .
E dende logo, contar tamén con xente que coñeza o que ocorre na rúa, que coñeza en primeira persoa os problemas das familias, dos distintos sectores profesionais... Esos e esas son tamén imprescindibles no deseño dese novo proxecto renovador, ilusionante e socialista que ten a ambición de erixirse como o proxecto no que confíe unha gran maioría de galegos e galegas dentro de 4 anos.
Polo que respecta a Gonzalo Caballero, en absoluto o postulaba para liderar o partido, simplemente facía referencia á entrevista que lle facía un medio de comunicación e na que comentaba que a candidatura de Pachi parecía responder ao guión escrito polo partido. Espero, de feito, que Pachi consiga demostrarnos que é moito máis que iso. Que é a persoa que a maioría dos e das socialistas queremos para liderar o noso partido.
Sen dúbida, coa súa decisión de conseguir os apoios dos e das militantes, está dando os pasos axeitados.
www.charovarela.blogspot.com

Anónimo dijo...

Dende logo que penso que coincidimos....non hai mais que cuestións de matices. Eu falaba de Gonzalo, non porque ti o "postularas"; non entendín eso en ningún momento. Falei del porque ó parecer quere presentar lista. Pero non o sei con seguridade tampouco. Conste que é un dos mais aplaudidos no CNG e mesmo no último congreso foi ovacionado despois da súa intervención porque é un orador excelente e dos críticos con boas ideas. En todo caso non coñezo moitos compañeiros que leven 20 anos na organización, dende logo no aparato non.¿Vinte? Nin quince....Estou segura que si lle das un repaso ás últimas dúas executivas galegas non atopas nin dez.....a ver, na organización nacional, no "aparato"....A renovación total do PSdeG foi no Congreso de Ourense, ano 98...son 10 anos en todo caso.É certo que algúns levan no Congreso dos deputados ocupando escano duas lexislaturas, outros van cambiando de casa, vanse do Hórreo a Madrid ou a Bruxelas, pero na organización como tal non. No último Congreso saiu unha executiva moi renovada, con algúns alcaldes que non pasan dos trinta ou así...Iván de Fene ou Valentín das Pontes eran membros da nova executiva. Iván por exemplo leva moitos anos no partido, dez polo menos traballando na organización, nas XSG, pero é UN VALOR, e Antolín por exemplo leva 30 anos ou mais e pasou por moitos cargos, pero é un excelente deputado e UN VALOR, como Cefe e tantos outros. Nestes últimos anos houbo un aluvión de novas caras nos órganos de dirección e tamén en moitas alcaldías sin ir mais lonxe. Houbo unha renovación bastante importante e con xente moi nova agora tamén...Mar de número 1, de 5º na provincia nestas autonómicas, Silvia Fraga... ten 27 anos (creo recordar, ou menos). Lage ten 30, Laura 30, Pablo 34...e moitos forman parte da CENG saínte. Son datos que moita xente non coñece pero que están ahí.
Eu asinei o documento de "sumandoideas" porque todo o que se di ali o comparto plenamente. Pero moitos dos asinantes, escriben nalgún foro pedindo cabezas como a de Mar e eu con iso non podo estar dacordo. Hai de todo entre a xente que asina porque o documento non debe de ser unha plataforma para quitar a uns e poñer a outros, senón para sumar ideas. Négome a pensar que xente como Ceferino ou González Laxe non sexan quen de sumar novas ideas.
Eu non creo que estivera escrito o nome de Pachi en ningún guión; o que eu penso que pasou é que Pachi é moi querido polos militantes. Eso é de dominio público e tanto a xestora como Blanco penso que eran conscientes. Seguramente pensaron nel como o fixeron moitos compañeiros de agrupacións pequenas a mesma noite do 1 de marzo.
Eu creo que Pachi pode ter moito futuro...a pesar de ser un dos mais antiguos (contando cos anos que pasou como alcalde), pero ás veces hai que poñelo en valor. Non ten dende logo un plato apetecible diante. Un saúdo, Alicia.