O Goberno municipal da Pobra está executando as obras financiadas co Fondo Estatal de Inversión Local de maneira irregular e irresponsable, sen adxudicar legalmente.
Os socialistas da Pobra quedamos atónitos cos anuncios publicados no Boletín oficial da Provincia do mércores, día 11 de marzo. Estes anuncios son para adxudicar provisionalmente diversas obras financiadas co Fondo Estatal de Inversión.
Nos mesmos, faise referencia en que se publica en cumprimento do disposto no artigo 135 da lei 30/2007 do 30 de outubro, de contratos do Sector Público.
Hai aproximadamente 10 días estivemos no lugar de Pedriñas en Santa Cruz, pois denunciamos que se deixan dúas casas marxinadas, sen o saneamento, unha delas dun socialista.
No B.O.P. referenciado apreciades que unha das obras pendentes de adxudicar provisionalmente é a “Red de saneamiento en el lugar de Pedriñas”.Comprobamos que se estaba traballando no lugar e que xa estaban executados moitos metros da rede do saneamento.
O artigo 135.4 da lei de contratos do sector público di que “ a adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a publicación”.
Evidentemente o Concello da Pobra está executando unhas obras de maneira irregular, saltándose tódolos trámites Administrativos, facendo fraude de lei. Somos incapaces de entender a premura do Alcalde para adxudicar unhas obras que se poden facer legalmente 20 ou 40 días despois, cumprindo as leis, e evitando poñer en riscos os traballadores, que no caso dun accidente laboral tanto a empresa como o Concello terían serios problemas.
Esta irresponsabilidade do Alcalde, fai que os veciños visualicemos a maneira que ten de premiar os amigos, comportándose dunha maneira caciquil e chapuceira. Limita a transparencia e o tratamento igualatorio e non discriminatorio ó que teñen dereito todas as persoas, para poder traballar. Quebrantan as leis para ser fieis os seus amigos co fin de pagar favores, eso é o único obxectivo deste equipo de goberno, dar a dedo as obras.
Vulnera a letra e o espíritu do decreto que se fixo para contribuír a dinamizar a actividade económica, incidindo na creación de emprego, se pedía especialmente que se acometeran proxectos con alto impacto en persoas a ocupar. Neste caso, coa contratación a dedo, as certificacións que se envíen ó Ministerio de Administracións Públicas serán pura ciencia ficción.
Estes proxectos financiados con cargo ó Fondo deberá facerse constar, en lugar visible, un cartel ca lenda “Fondo de inversión local para o emprego. - Goberno de España – “ Nin na obra das Pedriñas, nin na de “auga, saneamento, alumeado e asfalto da pista de Torre de Xunqueiras a Pontenaveira”, que está a piques de rematar (e nas mesmas condicións irregulares), puidemos ver ningún cartel.
Parece ser que as leis non son de aplicación para o PP da Pobra, eles poden facer “da capa un saio”, pola contra, SI, eles ás aplican con rigor ós que non son da súa corda. Moi democrático.
Todas estas obras iniciadas sen adxudicar legalmente carecen de director de obra, que se nomeará unha vez finalizado o trámite administrativo. O director de obra pode ser un funcionario do propio concello, que entre as súas funcións está certificar as condicións en que se executaron as obras, si se fixeron segundo proxecto, prazos, tempo, etc..
Cabe recordar o artigo 390 do Código Penal que di: “1. Será castigado con penas de prisión de tres a seis anos, multa de seis a vintecatro meses e inhabilitación especial por tempo de dous a seis anos, a autoridade o funcionario público que, no exercicio das súas funcións, cometa falsidade:
1. Alterando un documento en algún dos seus elementos ou requisitos de carácter esencial.
Con esta actitude do Alcalde, estase a poñer en perigo o posto de traballo do funcionario ou técnico independente que designen, pois terá que firmar unha obra case finalizada, iniciada ilegalmente, podendo comprometelo na súa vida futura e con consecuencias profesionais fatais.
Advertimos ó contratista de que non ten a seguridade de que vai a cobrar as obras porque se está facendo un fraude de lei.
De tódolos proxectos financiados polo Goberno de España neste concello, soamente dous poden ser dados a dedo, que son:
- remodelación e acondicionamento da rúa Xogo da Bola (40.369 euros)
- remodelación de vestiarios e ampliación de almacén de embarcacións no edificio de deportes náuticos do Castelo. (31.183 euros)
Considéranse obras menores os contratos con importe inferior a 50.000 euros, unicamente nestes dous proxectos as leis permiten este tipo de contratación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario