martes, 9 de febrero de 2016

Moción solicitando a Xunta de Galicia acceder á formación precisa e gratuíta para obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico.

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a Xunta de Galicia acceder á formación precisa e gratuíta para obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dende o 25 de novembro do pasado ano so se poderán vender fitosanitarios para uso profesional a titulares dun carné de aplicador - manipulador de estes produtos tal como recolle o Real decreto 1311/2012 de uso sostible de produtos fitosanitarios, como transposición da Directiva 2009/128/CE do Parlamento Europeo e do Consello pola que se establece un marco de actuación comunitario para conseguir un uso sostible dos praguicidas.

En teoría esta medida só afecta ós profesionais, pero a lista de compostos que precisan autorización é tan ampla, que fai que na práctica sexa imposible adquirir ningún produto sen o carné.

En contraposición a esta problemática a Xunta de Galicia non estableceu unha oferta formativa axeitada para poder facer fronte á demanda existente por parte de persoas interesadas en adquirir este carné, nin desenvolveu ningún plan especial para facilitar a todos/as interesados/as o acceso á mesma. De feito nos atopamos co paradoxo de que moita xente está pagando 80€ para obter o carné ou acudindo a comunidades autónomas limítrofes para poder adquirir esta titulación.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguintes


ACORDOS:

1.     Que a Xunta de Galicia programe para o ano 2016 un plan especial e específico, de xeito inmediato, que dea resposta á demanda de todos os/as alumnos/as que queiran acceder á formación precisa para obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico.


2.     Adaptar ese plan ás necesidades e especificidades dos/as alumnos/as facilitando o máximo permitido o acceso a dita formación.

No hay comentarios: