Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do
Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F.,
para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando axuda ao transporte
para estudantes.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A situación económica das familias que teñen fillos realizando estudios
universitarios está sendo moi difícil de superar a consecuencia da crise
económica. Os recortes nas becas universitarias tamén inflúen nas dificultades
para manter os custes elevados dos estudios, cando o lugar da formación está
fora da localidade.
Atender a demanda de estudantes no noso concello que teñen dificultades
para costearse o transporte público nos seus desprazamentos é unha necesidade
que se debe abordar rapidamente posto que está a piques de comezar o curso.
Trátase dunha axuda co fin de facer efectivo o principio de igualdade no
exercicio do dereito a educación en relación cas persoas que se encontren en
situacións desfavorables, provendo os recursos económicos e os apoios precisos.
Por todo iso, este grupo que represento solicita
a adopción do seguinte
ACORDO:
O goberno municipal porá en marcha un programa de axudas ao transporte
dirixido a estudantes que teñan que desprazarse para cursar estudos
universitarios ou de formación profesional.
A Pobra do
Caramiñal, 28 de agosto de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario