Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal,
integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o
seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando melloras na
Urbanización de Lamas e Andrés.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Os veciños do Lamas e Andrés levan moitos anos
demandando que se inverta e mellore o entorno do seu barrio porque entenden que
teñen os mesmos dereitos que o resto de cidadáns aos que se lle mellora a
calidade de vida. Non lles parece una situación adecuada a que sofren estas
familias porque pagan os seus impostos e taxas municipais como os que máis. Resúltalle
incomprensible como un barrio que está situado a escasos metros da Casa
Consistorial, non ten prioridade nin é do máximo interese do goberno municipal
cando está en risco a integridade das persoas e as obras de mellora teñen un
custe moderado, máxime cando se executan obras de menor interese social, de
moito maior custe e que ao longo dos anos teñen prioridade na axenda da
Institución Municipal.
Os residentes, mellor que ninguén, saben das carencias
que son necesarias arranxar pero senten que pese as reunións mantidas co
Alcalde e aos numerosos escritos presentados por rexistro que non se lles ten
en conta.
É competencia municipal manter en bo estado de
conservación os bens de uso e dominio público sexan vías urbanas ou rurais.
Este barrio conta con numerosos nenos que xogan
en condicións de risco para as súa integridade física. Se lle prometera a construción dun parque infantil no espazo que a promotora
da urbanización deixou destinado, argumento corroborado polo Alcalde nos medios
de comunicación, onde textualmente dicía: “ se
acondicionará el parque público dejando en medio el triángulo de terreno que
pertenece a una vecina” (Ano 2007)
Este espazo serve na actualidade para que os cans vaian defecar. En
calquera caso os cans mexan e os nenos xogan no lugar polo que existen
verdadeiros riscos de enfermidades. Senten que os cans son os amos e en pleno
verán magnifícanse as consecuencias polas altas temperaturas e o aumento da
poboación.
Necesítanse máis xardíns, máis columpios e xogos infantís e menos rúas con
buratos.
A pista polideportiva en vez de ser un lugar seguro de lecer e unha
instalación defectuosa e decadente, é o espazo idóneo para que calquera día
ocorra un accidente.
O camiño polo que acceden os nenos a pista de Raquel Soler non reúne
condicións de paso.
As beirarrúas están cedendo despois de que se fixeran as canalizacións de
gas natural, e inundase un garaxe.
Os solares adxacentes aos edificios de nova construción están cheos de
maleza que serven para depositar incluso entullos de obras. Se o Concello ten a
obriga de manter en boas condicións os terreos de titularidade municipal o
consistorio debería trasladar aos propietarios do resto de solares a obriga de
facer o mesmo, e no caso de que estes incumpran será a Administración quen
execute as obras e pase posteriormente a factura.
A sinalización vertical é insuficiente,
frecuentemente hai atrancos nas estreitas rúas.
Por todo iso, este grupo que
represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
Executar un Plan de mellora na urbanización Lamas e Andrés que consistirá
como mínimo en:
1.
Na construción dun parque público
e mentres non se faga, manter o solar limpo en condicións de hixiene e
seguridade.
2.
Subir e reparar a rede perimetral
da pista deportiva.
3.
Completar a sinalización
vertical.
4.
Instar a limpeza dos solares
colindantes aos edificios.
5.
Mellorar o acceso a pista de
Raquel Soler.
6.
Arranxar o firme das rúas,
reparar as beirarrúas e poñer canalizacións para evitar que as augas entren no
garaxe dunha das edificacións.
A Pobra do Caramiñal, 06 de setembro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario