Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE
da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art.
97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno Corporativo para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
Levamos un inverno de bastante chuvia que non fai máis
que mostrar o estado calamitoso das instalacións municipais e das
canalizacións.
O colexio Salustiano Rey é un dos inmobles afectados pese
a que vimos nos medios de comunicación aos responsables municipais, antes do
inverno, dicindo que todo iso era historia, que xa quedaban todos os problemas
arranxados. Filtra auga polo tellado que se renovou no ano 2001, as fiestras,
as aulas e os corredores meten humidades, hai goteiras.
As canalizacións das augas pluviais en Venecia, pese a
cantidade de arranxos que se levan feitos, no deron resultados tal e como
mostra a fotografía que acompaño. Para acceder ao centro de saúde case que
había que ir en góndola.
Por todo iso:
¿A canto ascende a valoración do Concello da Pobra do
Caramiñal polos danos do último temporal?
¿Van a solicitar axuda a Xunta de Galicia para
corrixir os desperfectos?
¿Si a Xunta non concede axudas vai o Concello a
afrontar os danos con recursos propios?
¿Canto sería o tempo necesario para o inicio dos
arranxos?
A Pobra do Caramiñal, 25 de xaneiro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario