Mª Teresa García Guillán,
concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao
abeiro do disposto no art. 97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno Corporativo
para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
Con data do 23 de outubro de 2012 foi mantida unha reunión co Alcalde e os
propietarios das leiras da Devesa debido a que mediante unha subvención se
limpou o río Morto e o goberno local procedeu a limpar os predios particulares.
Dito río ó seu paso pola Ceboleira non circula, nin circulaba, pola canle
primitiva debido a acumulación de depósitos de sedimentos e está a percorrer as
fincas dos veciños. O máis grave é que se gastaron cartos públicos nunha limpeza
momentánea que non solucionou os problemas de servidume e inundacións dos
predios.
A día de hoxe o problema agravouse porque xa están canalizadas as augas
pluviais da ampliación do polígono da Tomada cara o río Morto, multiplicando o
problema debido ó inmenso caudal que agora mesmo leva o río, inundando todos os
predios e causando gravísimos prexuízos aos titulares das propiedades
afectadas.
A imaxe mostra o discorrer das augas polas propiedades privadas, que como
se lle dixo ao Alcalde na reunión mantida no ano 2012, van a parar a un caneiro
de titularidade particular que se limpou con cartos públicos. Nesa mesma
reunión se comprometeu a limpeza na primavera ou verán do ano 2013.
Outra cuestión é que despois de acometer as obras do paseo fluvial deixaron
unha rampla que non permite o acceso ás fincas pese a que esta concelleira
falou co concelleiro de obras cando aínda había traballadores no lugar e comprometeuse
a que quedaría en condicións óptimas, non cumprindo ca palabra dada.
Por todo iso:
¿Ten o equipo de goberno pensando limpar e canalizar ao seu estado
primitivo o río Morto o paso pola Ceboleira, tal e como se comprometeu cos
propietarios no ano 2012?
¿Van arranxar en breve a rampla que dá acceso as fincas?
A Pobra do Caramiñal, 21 de
xaneiro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario