Os colexios de Educación Primaria deste pobo non están preparados en materia de infraestruturas para poñer en marcha a Escola 2.0 (proxecto Abalar), que noutros pobos de Galicia se está implantando con garantías de éxito, nin tan sequera contan con redes wifi de conexión inalámbrica a internet.
O Obxectivo é a implantación de novas ferramentas de información e comunicación, facer unha educación máis competitiva en novas tecnoloxías e garantir a plena incorporación das tecnoloxías da información (TIC) a ensinanza.
A finalidade do programa ABALAR é que a Xunta garanta a dotación e o mantemento da infraestrutura Tecnolóxica para todos os centros educativos. O proxecto di que dotará os centros dos equipamentos e infraestruturas necesarias para o funcionamento das TIC en educación, favorecendo a conversión dos centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais. O equipamento consta de: proxectores, encerados dixitais, ultraportátiles de alumnado e profesorado, armarios con bandexas para a recarga, cables e canalizacións, instalación eléctrica e conexión á rede de educación e a Internet.
Deste modo, ABALAR conseguiría motivar ó alumnado, con medios para que saquen del o mellor en base o seu traballo e esforzo, integrando as familias, e facendo mais fácil o traballo dos docentes.
A atención que acaparou o proxecto ABALAR, os requirimentos de apoio e aclaracións por parte do profesorado, o estudio dos equipamentos, a posta a punto, e a preocupación que ten a comunidade educativa da Pobra por carecer nos seus centros da instalación eléctrica necesaria para poder implantar dito programa fai imprescindible que, de forma inmediata, se apoie desde o concello as súas reivindicacións ca finalidade de lograr que a Consellería de educación faga as reformas da instalación a maior brevidade. Si a actuación é inmediata se está apoiando tamén as familias para que conxuntamente con alumnado e profesorado se poda conseguir o cambio do centro educativo tradicional a centro educativo dixital, favorecendo a modernización e o rol de cada membro da comunidade educativa neste proceso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario