Pobra,
OS SOCIALISTAS DA POBRA VAN A SOLICITAR UNHA INSPECCIÓN Ó SUBDELEGADO DO GOBERNO POLAS OBRAS DO PLAN DO ESTIMULO DO EMPLEO.
No BOP nº 85 do xoves
Con data do 12 de marzo os Socialistas denunciábamos a maneira irresponsable e irregular da contratación de ditas obras. A estas alturas todos sabemos que a empresa Construccións Fermín Simal, S.L., se lle permitiu dende a Alcaldía comezar as obras de auga, saneamento, alumeado e asfalto da pista de Torre de Xunqueiras a Pontenaveira”, e saneamento en lugar de Pedriñas, obviando calquera trámite legal, en base a criterios, que dende a oposición soamente podemos cualificalos de caciquís.
As evidencias, poñen de manifesto todo o que vimos dicindo dende hai máis dun mes, aínda que o equipo de goberno é incapaz de admitilo. Non deixa lugar a dúbidas que se trata dunha nefasta xestión, facendo fraude de lei, levada a cabo polos responsables do goberno deste concello. O Goberno de España lexisla e subvenciona estas obras para beneficiar aos parados, como este Plan de Estimulo se executa en tódolos municipios do país, aos socialistas pobreses lles preocupa a xente desempregada do noso pobo, que dunha previsión de contratación de 28 persoas, que se lle pasou no seu día ó Ministerio de Administración Públicas, se favoreceu a contratación dun total de unicamente 12 persoas desempregadas.
A consecuencia directa destes “apaños” do goberno do Sr. Isaac é que Construcciones ONIAL, S.L. contrate 2 desempregados para o proxecto da urbanización Fraga Iribarne.
Para a obra de abastecemento e saneamento de Pontes-Horreo a empresa MANTIDO, S.L. contrata 3 persoas en situación de paro.
Para o proxecto de remodelación e acondicionamento da rúa Tetuán, tramo 1 e
Para a rúa Unión, tramo 1 e
Para o abastecemento e saneamento do lugar de Pozo, Aquagest contrata 1 persoa. (Esta obra non comezou porque falta a autorización de costas).
Quere esto dicir, que a empresa Construccións Fermin Simal, que ten adxudicadas as obras de saneamento en Rego, en Pedriñas e o proxecto de Torre de Xunqueiras a Pontenaveira, que a suma destes tres proxectos ascende a un total de 560.696,21 euros e non contrata a ningunha persoa en paro, a pesares da situación de privilexio con que a trataron os responsables do goberno municipal.
Pode presumir o Sr. Isaac que de 13 proxectos que está financiando o Goberno de España neste pobo, despois de poñerse o marxee das leis, só contrata 12 desempregados, descoñecendo se algún deles é veciño de A Pobra do Caramiñal. Este decreto fíxose para contribuír a dinamizar a actividade económica, incidindo na creación de emprego.
Máis aínda, todos recordamos que en campaña electoral nos dicía que esta era a lexislatura dos servicios sociais, dos xóvenes e dos maiores. Parece ser que non entenden o significado da palabra “servicios sociais”, porque servicios sociais tamén é contratar desempregados, persoas que en momentos de crise teñen problemas económicos ou de subsistencia. E dende logo, acordarse de empregar xóvenes parécenos que non é o que pensa.
Os socialistas da Pobra queremos que estas obras se fagan, pois sen este financiamento os veciños seguirían carecendo dos servicios básicos e que lle corresponde prestar a Administración Local. Xa hai algúns anos que o Sr. Isaac presumía nos medios de comunicación do saneamento integral do concello. ¡Que lonxe queda! Toda vez a que temos serias dúbidas de cando se van a conectar toda esta rede nova de saneamento de Pedriñas e Rego a rede xeral. O Estado Español non gasta cartos para enterrar tubos, senón que se inverte para dar servicios. Pode pasar que se finalicen as obras e non se de servicio ós veciños. ¡Non se preocupen que estaremos pendentes de que non pase!
Insistimos na transgresión das leis por parte dos responsables deste goberno municipal. Observamos en Pedriñas, (concretamente nos Vilares) que non se respecta o proxecto que deseñou o enxeñeiro Guzman Palacios Rosete, cambiouse o trazado a través de fincas de particulares, facendo presións sutís. A miúdo presumen dicindo que negocian todo, que pactan cos veciños pero realmente tratase doutros conceptos como poden ser simples coaccións. Con eses cambios feitos quedan agraviados outros veciños que incluso se lles dixo que por non deixar pasar polas súas propiedades as canalizacións, poden quedar sen o servicio.
Recordar que os servicios públicos deben ir polo dominio público evitando cargas innecesarias ós particulares.
Para facer modificacións nun proxecto público é necesario contar ca firma dun técnico, sexa o redactor do proxecto ou calquera outro. Temos constancia que non hai ningunha modificación feita no proxecto de saneamento de Pedriñas, polo tanto volvemos a falar de irregularidades e fraude de lei. Somos conscientes de que cando se modifica unha obra é razoable que se modifique tamén o presuposto, pode pasar que este sexa superior ou inferior ó inicial, polo que nos preguntamos ¿A onde van parar se sobran cartos? Ou si non é suficiente ese presuposto ¿Que partida ten asinada nos orzamentos?
Por todas estas cuestións, que a noso xuízo son gravísimas, vamos a solicitarlle ó Subdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, envíe unha inspección o noso Concello. . (Pídovos expresamente que o fagades constar nos vosos medios de comunicación).
Os socialistas non podemos ser partícipes dos “chanchullos” do goberno municipal presidido polo Sr. Isaac
No hay comentarios:
Publicar un comentario