A Secretaria Xeral estivo onte acompañada polos veciños da urbanización Lamas e Andrés. A foto foi cedida amablemente polo Diario de Arousa.
Pedimos unha actuación integral neste barrio, no que viven aproximadamente 300 persoas, e o facemos ante os medios e ante á cidadanía mediante a seguinte
Pedimos unha actuación integral neste barrio, no que viven aproximadamente 300 persoas, e o facemos ante os medios e ante á cidadanía mediante a seguinte
MOCIÓN
Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de construcción dun parque público e mellora da “urbanización Lamas y Andrés”.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Debido o grado preocupante de deixadez que mostra con esta urbanización o executivo municipal, o Grupo Municipal Socialista súmase ás queixas dos veciños debido ó estado lamentable e de abandono no que se encontra dita urbanización.
Esta barriada ten unha parte antiga e outra de recente construcción, sendo esta última a que máis carencias presenta. Prometeuse ós veciños a construcción dun parque infantil no espacio que a promotora da urbanización deixou destinado, e máis, en declaracións feitas polo Alcalde, o día 16-12-07, nun medio de comunicación, textualmente dicía: “ se acondicionará el parque público dejando en medio el triángulo de terreno que pertenece a una vecina”. Xa pasou un ano e catro meses e a parcela continua sen construír, e sen ningún proxecto que faga viable esta promesa do rexedor local.
Si o incumprimento da palabra dada fora insuficiente, os residentes quéixanse que habitualmente este terreo municipal o utilizan os cans para defecar, producindo malos cheiros. O ano pasado, por esta causa, sufriron unha praga de pulgas na época estival, resultando máis afectados os veciños que viven nas plantas baixas.
Neste barrio, contan cunha pista deportiva que ten rota toda a rede perimetral, ademais, ó ter pouca altura, unha das vivendas sufriu a rotura dos cristais das ventás por impacto dun balón.
A sinalización vertical é insuficiente, frecuentemente hai atrancos nas estreitas rúas.
Nun solar hai un valado dunha obra, feito de madeira, con aspecto de abandono, que parece vai a derrubarse, ocupa incluso o lugar das beirarrúas e impide a visibilidade ós vehículos cando se incorporan a outra estrada.
En fronte a este, existe outro valado metálico que no seu interior conta cunha sinal de ceda o paso, facéndose perigosa a circulación dos vehículos e o paso dos peóns que se ven abocados a invadir a estrada.
Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinteA sinalización vertical é insuficiente, frecuentemente hai atrancos nas estreitas rúas.
Nun solar hai un valado dunha obra, feito de madeira, con aspecto de abandono, que parece vai a derrubarse, ocupa incluso o lugar das beirarrúas e impide a visibilidade ós vehículos cando se incorporan a outra estrada.
En fronte a este, existe outro valado metálico que no seu interior conta cunha sinal de ceda o paso, facéndose perigosa a circulación dos vehículos e o paso dos peóns que se ven abocados a invadir a estrada.
ACORDO:
1. A construcción dun parque público.
2. Limpar de maneira continua este solar mentres non se acondicione para evitar a propagación de pragas de parasitos.
3. Subir e reparar a rede perimetral da pista deportiva.
4. Completar a sinalización vertical.
5. Instar a retranquear os valados das obras, deixando as beirarrúas libres, co fin de mellorar a seguridade vial.
Pobra do Caramiñal, a 16 de abril de 2009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario