lunes, 15 de febrero de 2016

A INCOMPETENCIA DE NOS POBRA


Unha vez máis imos a falar da incompetencia e da inoperatividade de Nos Pobra para dirixir o noso Concello. Esta agrupación que está a gobernarnos camiña sen rumbo definido xa que a súa falta de liderado e de negación o diálogo co resto dos partidos da Pobra lévanos a plantexarnos si de verdade están capacitados para gobernarnos.

O principio de Peter di “En una jerarquía, todo empleado tiende a ascender hasta su nivel de incompetencia: la nata sube hasta cortarse..”. Pois ben, xa vemos que o equipo de goberno de Nos Pobra se lles cortou o leite. Non se pode ser mais incompetente que este equipo, non se pode levar o Concello a un nivel de paralización maior que o actual.


Cando comezou o seu mandato no mes de Xuño tiñamos na Pobra proxectado, gustásenos ou non, un novo Centro de Saúde e na actualidade, grazas a Nos Pobra, non contamos con nada. Nos Pobra, con Xosé Lois Piñeiro o fronte, descartou este proxecto, eles decidiron abandonalo sen contar con ninguén. Pero o peor de todo e que non contamos con ningún proxecto para substituílo, non contamos con nada porque nada nos mostraron o seu proxecto para poder avalialo. O resultado e que non teremos novo Centro de Saúde en moitos anos pola incompetencia destes catro compoñentes de Nos Pobra.


Pero non soamente foi o Centro de Saúde, tamén foi a Bandeira Azul que segundo o acervo popular di que esquecéronse de tramitala. A nosa Concelleira de Turismo, Charo Varela, debería de dar conta de por qué non se tramitou, porque despois do lamentable espectáculo da izada/retirada do ano pasado debería de dar algunha explicación do ocorrido este ano.


Esta Concelleira, Charo Varela, que tamén o é de Economía debería de dar conta do estado económico do Concello, por qué sigue sen aclararse a débeda municipal. Por qué aínda non se comezou a cumprir o acordo plenario de realización dunha auditoría das contas.


A responsable desta area económica nos debería informar porque 6 meses despois de aprobarse provisionalmente as axudas para o transporte dos estudantes aínda non foron levadas a Pleno para a súa aprobación definitiva. O mesmo, caso e o do Regulamento das rúas peonís que está pendente da súa aprobación definitiva.


Todo queda no caixón, pola incompetencia de quen se ve desbordado, de quen non é capaz de gobernar un concello con catro persoas, e a solución non é contar con mais dedicacións exclusivas, non, a solución ven da man do diálogo e da concertación de acordos.


José Ortega y Gasset anticipouse e dixo en 1910 "Todos los empleados públicos deberían descender a su grado inmediato inferior, porque han sido ascendidos hasta volverse incompetentes". Iso é o que lles ocorreu ós compoñentes de Nos Pobra no Concello, quizais intelectualmente sexan moi competentes pero organizativamente no Concello son desastrosamente incompetentes.


Exemplos desta incompetencia son as chamadas de atención por parte da Oposición sobre fórmulas mal plasmadas na documentación, a falta de documentación e os erros constantes na mesma, a falta de propostas documentadas e valoradas, etc. Pero no último Pleno bordaron o absurdo o pedir, Miguel Alamancos, axuda o PP para que os recibiran na Xunta de Galicia.


O Centro de Día é un tema especial, é o mellor exemplo da ineptitude de este Goberno. Non se entende que aínda estea sen funcionar, non se entende que o Alcalde da Pobra non sexa capaz de reunirse co responsable dos Servizos Sociais na Xunta de Galicia. Non se entende que o Alcalde prometa nas redes sociais, 15 de xaneiro, e nos periódicos, 9 de febreiro, que vai a ir a Santiago e que non volvía sen reunirse e sen acordar a  apertura do Centro de Día. Pois unha semana despois continuamos sen ter respostas.



En definitiva, o que define o Goberno de Nos Pobra é a ineptitude e a incapacidade para gobernar o noso pobo. Era mellor que o aceptaran e que deixen paso a outros mais capacitados.

martes, 9 de febrero de 2016

Moción solicitando a Xunta de Galicia acceder á formación precisa e gratuíta para obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico.

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a Xunta de Galicia acceder á formación precisa e gratuíta para obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Dende o 25 de novembro do pasado ano so se poderán vender fitosanitarios para uso profesional a titulares dun carné de aplicador - manipulador de estes produtos tal como recolle o Real decreto 1311/2012 de uso sostible de produtos fitosanitarios, como transposición da Directiva 2009/128/CE do Parlamento Europeo e do Consello pola que se establece un marco de actuación comunitario para conseguir un uso sostible dos praguicidas.

En teoría esta medida só afecta ós profesionais, pero a lista de compostos que precisan autorización é tan ampla, que fai que na práctica sexa imposible adquirir ningún produto sen o carné.

En contraposición a esta problemática a Xunta de Galicia non estableceu unha oferta formativa axeitada para poder facer fronte á demanda existente por parte de persoas interesadas en adquirir este carné, nin desenvolveu ningún plan especial para facilitar a todos/as interesados/as o acceso á mesma. De feito nos atopamos co paradoxo de que moita xente está pagando 80€ para obter o carné ou acudindo a comunidades autónomas limítrofes para poder adquirir esta titulación.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguintes


ACORDOS:

1.     Que a Xunta de Galicia programe para o ano 2016 un plan especial e específico, de xeito inmediato, que dea resposta á demanda de todos os/as alumnos/as que queiran acceder á formación precisa para obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico.


2.     Adaptar ese plan ás necesidades e especificidades dos/as alumnos/as facilitando o máximo permitido o acceso a dita formación.

martes, 2 de febrero de 2016

Moción para regular as actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a elaboración dunha ordenanza municipal reguladora das actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A actividade madeireira ten suma importancia debido a que boa parte da superficie municipal está cuberta por especies forestais. Pero asemade, o 25% da poboación galega é propietaria de parcelas forestais, polo que a incidencia do monte nas economías familiares é moi importante, e cómpre darlle o valor que lle corresponde.

Ademais, o monte galego posúe unha elevada produtividade, grazas ó noso clima e á nosa terra, e isto xera unha manchea de potencialidades, que ben aproveitadas, poderían incrementar a produción de madeira, facer medrar as rendas das persoas propietarias, mellorar a xestión das empresas madeireiras, achegar produto de calidade para a industria transformadora, e con todo isto xerar máis valor, máis rendas, máis emprego e máis calidade de vida.

Para lograr todo isto é preciso virar a actual situación e camiñar cara a un novo paradigma de xestión sustentable do monte galego. E iso pasa por eliminar ou reducir os graves problemas que ten hoxe en día o sector, como son, entre outros, a escasa cualificación da man de obra, unha distribución de parcelas minifundista e irregular, ou os importantes impactos sobre a rede viaria municipal causados pola maquinaria forestal e os labores de extracción e carga da madeira.

Conscientes da importancia do sector, pero tamén preocupados polos custos que esta actividade xera nas infraestruturas locais, e polo tanto no conxunto da poboación, o lóxico sería regular con unha ordenanza os labores de xestión forestal no Concello, no que atinxa á conservación das vías e así promover unha xestión racional e sustentable dos espazos forestais.

A ordenanza pretendería acadar a adecuada protección dos recursos naturais e paisaxísticos, así como velar pola debida conservación das vías públicas de titularidade municipal, que poden ser obxecto de estragos por causa das operacións de plantación, corta e saca da madeira. É por iso que a ordenanza regularía a actividade extractiva de madeira no termo municipal, agás aquela que poida considerarse de autoconsumo.

Dita ordenanza debería recoller as operacións forestais que se desenvolvan no Concello e requiriría a presentación dunha comunicación previa, para informar da realización de actividades extractivas de madeira, e dunha fianza, para cubrir os posibles estragos que se produzan nas infraestruturas e no dominio público local.
E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte


ACORDO:

Elaborar unha ORDENANZA REGULADORA DAS ACTIVIDADES EXTRACTIVAS DE MADEIRA NOS MONTES E ESPAZOS FORESTAIS DO CONCELLO que tería por obxecto a regulación da actividade forestal consistente na corta e saca de madeira dentro do termo municipal, para facela compatible coa preservación do medio natural, dos bens municipais e da seguridade viaria. Esta ordenanza afecta aos actos que se desenvolvan e que teñan por obxecto a obtención de madeira e o seu transporte (operacións preparatorias da corta, desprazamentos de vehículos e maquinaria, construción de ramplas de acceso aos terreos, depósitos de madeira, transporte da madeira etc.). Con isto pretendemos facer compatible a liberdade de empresa e o desenvolvemento do sector forestal, coa preservación do medio natural, a conservación dos camiños e pistas municipais e coa seguridade viaria.

A Pobra do Caramiñal, 09 de xaneiro de 2016.

viernes, 29 de enero de 2016

AS REDES SOCIAIS E O LIDERADO

Quedamos parvos dá importancia que se lle dá as redes sociais por algúns persoeiros e nalgúns ámbitos. Está demostrado que algúns destes órganos ou persoas pensan que é a mellor forma de transmitir as súas opinións ou pareceres, pero o uso abusivo do tema nos leva a abandonar outras formas de comunicación e, cando non, a atención dos nosos traballos.

Dicimos isto porque esa obsesión pola transmisión das nosas verdades, dás nosas vidas, fai que descoidemos a vida real na que estamos inmersos. E este é ou caso do Alcalde da Pobra que onte defendeu firme e apaixonadamente a contratación dun concelleiro en dedicación exclusiva. Tanto é ou seu apaixonamento que hoxe olvidouse de traballar. Está tan metido, tan inmerso nos debates de Facebook que non lle debe de dar tempo a atender moitos asuntos.

O peor non é soamente que poida abandonar o descoidar o seu traballo como máximo administrador do Concello senón que tamén esquécese das súas promesas como a que fai o 15 de xaneiro dicindo “... Hoxe xa fun eu ou que chamou e ou resultado de novo infrutuoso. Pois de non confirmarse unha cita a principios dá semana que ven, repetiremos viaxe a Santiago, e esta vez non penso marchar de alí ata ter ocasión de falar ou que hai que falar, e asinar dunha vez ou convenio.” Xa pasou o día e debeu de pasar a romaría porque seguimos sen noticias do Centro de Día.

O que está claro é que as autoridades da Xunta saben da falta de liderado do Alcalde, saben que está pendente dun fio, saben que goberna en minoría e que está a mercé da oposición, saben que non é capaz de liderar os habitantes da Pobra.

Onte, no Pleno, Manuel Duran lle dixo que o Alcalde representa a todos os pobrenses e que este ten que saberse facer respectar diante das institucións autonómicas.

Pero é mais cómodo facerse de respectar nas redes sociais que ante a Xunta ou a Deputación.

jueves, 28 de enero de 2016

CHARO VARELA SIGUE EN CAMPAÑA

Unha vez máis, volve a campaña difamatoria contra a nosa concelleira Teresa García. Esta vez Charo Varela, 1ª Tenente Alcalde do Concello da Pobra, dedícanos a súa atención, ofendida polas diversas criticas que aparecen nas redes sociais á súa proposta de dedicación exclusiva dun concelleiro de Nos Pobra. Charo Varela manifesta e defende en Facebook o aforro que supón o sistema de dietas imposto por Nos Pobra. Con isto tenta desviar a atención sobre o debate creado nas redes sociais sobre o salario do Concelleiro para liberar e sobre o aforro prometido en campaña por Nos Pobra. Nas súas manifestacións di que se propuxo un sistema de dietas, pero o certo é que non o demostra de ningunha maneira porque non o pode demostrar. Como noutras ocasións comentouse só existiron dúas reunións. Na primeira abordáronse temas de organización do Concello e pouco máis, tal e como se recolle no acta da reunión. Na segunda, non se falou de nada porque romperon as negociacións. Pero os feitos contan, na proposta electoral do PSOE ía unha redución salarial do 50%, no acta non se recolle nada do que di Charo Varela. Esta actitude de enfrontamento constante por parte de Charo Varela, ex militante socialista eex concelleira do PSOE, fainos ver que a súa animadversión enfermiza ten moito que ver coa ruptura daquelas negociacións. A discusión está en que a un señor, que se presentou a un cargo VOLUNTARIAMENTE, que se presentou sabendo onde se metía, agora queren que por ser concelleiro case se lle dobre o salario que vén cobrando no seu traballo habitual. A discusión está en que cando romperon as negociacións puxeron por diante uns argumentos que agora non serven. Onde dixen “digo digo Diego”. A discución está en que unha vez máis chegan a un pleno sen acordar os puntos para discutir, sen diálogo. ¿Esta é unha forma seria de Gobernar? Isto soa máis á forma de gobernar que tivo o PP durante os últimos 16 anos.